Resumo da Mesa Sectorial: direccións dos CFR e asesorías, licenzas por formación, reintegro de gastos por asistencia a actividades de formación

Resumo da Mesa Sectorial: direccións dos CFR e asesorías, licenzas por formación, reintegro de gastos por asistencia a actividades de formación

Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada no día de hoxe tratamos os seguintes temas:

  1. Orde pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos
  2. Orde pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.
  • Dende UGT-SP agradecemos que se incorporarán as nosas peticións do curso anterior:  
  • un guión para a elaboración do proxecto sexa máis preciso. 
  • ampliación do límite de 10 folios a 15 para o proxecto de actuación. Sen embargo non lle vemos o sentido no cambio da tipoloxía; de Arial a Xunta Sans, isto nos parece unha complicación innecesaria para os participantes. A Consellería argumenta que se trata dun proceso de unificación de estilo e que a fonte está dispoñible de forma gratuíta.
  • Art. 2. Pedimos que se explicite o ámbito de zonas desde as que se pode participar na convocatoria. A administración aclara que a convocatoria só estará aberta para personal docente con destino en Galicia. Admitiríanse docentes con praza en Galicia que estean en comisión de servizos noutras CCAA ou no exterior.
  • Entendemos que o anexo IV é importante porque se axusta á realidade, pero solicitamos que se nos aclare de que xeito se bareman esas competencias profesionais. 
  • Art. 7. Pedimos a eliminación da entrevista. Ou en todo caso, pedimos baixar a puntuación dada á entrevista. Entendemos que a entrevista farase á totalidade dos aspirantes que superen a fase A e non só aos que considere a Consellería. A administración comprométese a seguir o mesmo tratamento con todos os aspirantes e a publicar unha rúbrica na que se explicite o valorable na posible entrevista.
  • O prazo de reclamación de 3 días hábiles parécenos escaso, sobre todo se se ten que aportar algún tipo de documentación ou a publicación é un venres. Deberían ser 5 días hábiles como mínimo.
  • En caso de empate pedimos que non prime a fase da entrevista fronte á antigüidade ou o proxecto. Tamén cremos que é importante engandir o cómputo por meses, sobre todo no punto 4 do baremo, xa que é criterio de desempate.
  • Art. 9.3: fálase de imposibilidade de renunciar ás prazas adxudicadas “salvo casos de excepcional gravidade”. Pedimos que se nos aclare a que tipos de casos se refire.

3. Resolución pola que se convocan licenzas por formación para o período comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de maio de 2024 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

  • Parécenos necesario que se incremente o orzamento para este tipo de licenzas para o profesorado porque consideramos que é unha forma de ampliar e compartir os seus coñecementos e formación para así obter un ensino de mellor calidade. O tempo de gozo das licenzas é moi escaso para as labores de investigación e pescuda, especialmente no contexto de mudanza de curríuculos polo que pedimos que se amplien no seu conxunto. A Consellería indica que non está no seu plan retomar as licenzas de estudos nin tan sequera para paliar a situación do profesorado PTFP sen nivel de grado. Remítese neste sentido á responsabilidade do ministerio.
  • Solicitamos que se volvan convocar as licenzas de perfeccionamento de linguas estranxeiras no exterior que se retiraran provisionalmente durante o momento máis acuciante da pandemia e para as que xa non debería existir este impedimento. A Conselleria indica que a formación de linguas estranxeiras se vai circunscribir ó PIALE.
  • Pedimos ademais a recuperación das licenzas por estudos retribuídas e non retribuídas porque entendemos que é un camiño indispensable para a especialización dun docente e polo tanto contribúe á mellora da calidade do ensino. Facemos especial énfase no caso do profesorado técnico de FP que merecen ter a oportunidade de mellorar a súa formación nas mellores condicións e poder integrarse no corpo A1. 
  • No punto 1 apartado 2, faltaría engadir o persoal funcionario en prácticas, agás no período efectivo das prácticas.
  • No apartado 3, non entendemos por que este curso non se contempla o caso de prazas vacantes, nas que podían participar grupos con máis de 50% de persoal docente interino. Significa que non se cubrirán? ou que non se permitirán grupos con máis de 50% de persoal interino?
  • No punto segundo, na modalidade 1, indícase que “as persoas que se acollan  a esta modalidade deberán contar e acreditar a competencia suficiente no manexo das aplicacións e ferramentas que se van utilizar…” Con que nivel de acreditación deben contar estas persoas para acollerse a esta modalidade?
  • No punto décimo, pedimos que se amplíe o prazo  de entrega dos materiais previstos de 10 días a un mes desde a finalización do proxecto.

4. Resolución pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2023

  • Art. 8. A contía correspondente ao desprazamento en vehículo particular é establecida polo Decreto 144/2001, Decreto que non representa a realidade dos costes actuais.  A administración entende esta situación, pero  considera que este tema non se pode aplicar só a este suposto e estarase á espera dunha solución de conxunto. 
  • Parécenos incoherente que todo trámite que teñamos que realizar, teña que ser por medios electrónicos e que para un requerimiento de emenda da documentación se remita a través dun correo electrónico. Para que non haxa confusión, pedimos que se faga igualmente por medios electrónicos. A consellería acorda utilizar o sistema de notificacións electrónicas.
  • Consideramos que, mentres exista crédito se deberían aceptar solicitudes de gastos por diversa formación. A administración indica que, ata o de agora, non se agotou nunca o crédito e que, polo tanto, poderán considerar solicitudes neste sentido. 

5. Proxecto de Orde pola que se amplía a relación de materias optativas da educación secundaria obrigatoria e se establece o seu curriculo

  • Agradecemos que a Administración teña en conta a evolución da sociedade para a escolla das súa materias optativas, e confiamos en que estas materias poidan ser cursados por todo o alumnado que o desexe, independentemente do centro educativo no que se atope. Aproveitamos tamén para solicitar que estas materias se poidan ofertar na etapa de bacharelato.

 

6. VARIOS

  • É primordial esixir a recuperación do horario de 18 e 21 horas. O Director Xeral afirma que ese tema se está a estudar e forma parte dun abanico de opcións que se negociará no próximo setembro.
  • Chamamos de novo a atención sobre a necesidade de ofertar prazas de atención preferente.
  • Seguimos insistiendo en que o personal funcionario de carreira teñen que ter prioridade no próximo concurso de traslados, entrando con 0 puntos os recentemente nomeados por anoloxía cos aprobados de oposicións noutros anos.
  • Preguntamos pola data de celebración das próximas oposicións.

 

Para acceder ó contido completo preme no noso Informa-t

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".