Logo
Imprimir esta página

As próximas oposicións en claro.

As próximas oposicións en claro.

Ante as comprensibles dúbidas sobre o vindeiro proceso selectivo de estabilización, a prudencia exixe evitar especulacións e ofrecer unha revisión da lexislación publicada ata o momento.

O marco no que nos  movemos para negociar comeza pola  Lei de temporalidade do emprego público publicada no BOE de 29 de decembro.

Este é o instrumento que permite as modificacións do  Real Decreto 276/2007 que estivemos a negociar a nivel estatal.

Velaquí un resumo da situación actual de acordo co terceiro borrador das modificacións do Real Decreto 276/2007.

A partires desta norma, que aínda se atopa en fase de consulta pública, concretarase en cada comunidade a redacción final da convocatoria das próximas oposicións.

Aínda cabería a posibilidade de que se intenten convocar polo sistema ordinario antes de que a modificación estea aprobada. Polo tanto a nosa mira está na próxima convocatoria.

Coma sempre, avisarémosvos da oportuna reunión na Mesa Sectorial para que nos fagades chegar as vosas aportacións.

UGT.es | Política de Protección de datosCookies Privacidad Aviso legal
@FeSP-UGT 2018

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".