Todo sobre a convocatoria do concurso para a provisión de postos de persoal docente no exterior

Todo sobre a convocatoria do concurso para a provisión de postos de persoal docente no exterior

 

Analizamos a resolución de 23 de novembro de 2021, da Subsecretaría,pola que se convoca concurso para a provisión de postos de persoal docente no exterior.

 

ONDE

Provisión de vacantes en centros de titularidade do Estado español, centros de titularidade mixta, seccións españolas en centros docentes de titularidade estranxeira, escolas europeas e agrupacións de lingua e cultura españolas.

A QUEN VAI DIRIXIDO

Para funcionarios e funcionarias de carreira dos Corpos de Catedráticos e Profesores de Ensino Secundario, de Catedráticos e Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, de Profesores Técnicos de Formación Profesional e de Mestres, en réxime de adscrición temporal.

REQUISITOS

  • Antigüidade mínima de tres anos como funcionario/a de carreira en activo.
  • Atoparse en situación de servizo activo no corpo ao que correspondan os postos solicitados e ser titular das especialidades requiridas para eses postos.
  • Ter prestado servizos durante tres cursos académicos completos en España como funcionario do corpo desde o que se participa.
  • Para postos en Escolas Europeas, non ter estado adscrito anteriormente por concurso de méritos a postos nestas Escolas

REQUISITO ESPECÍFICO

  • Posuír o nivel do idioma ou dun dos idiomas que para cada posto se determina no anexo I da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓNS

  • Entre o 30 de novembro e o 22 de decembro de 2021 (15 días hábiles)

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Débese cumprimentar a solicitude a través do acceso ó “Servizo Online”. O acceso á sede electrónica debe realizarse con certificado dixital ou ben utilizando como indicador o DNI/NIE do interesado.
  • Selección por orden de preferencia, de acordo co Anexo I.
  • Só se poderán solicitar os postos correspondentes ás especialidades das que sexa titular.
  • Só se terán en conta os postos para os que se acredite o coñecemento do idioma requirido e xustificado a través dalgún dos títulos ou certificacións especificados no apartado 2.3.e).
  • Os candidatos a postos en Andorra que obteñan a praza solicitada deberán superar durante o primeiro período de adscrición un curso de inmersión lingüística (catalán).

REXISTRO DA SOLICITUDE

Unha vez cumprimentada a solicitude  e achegada a documentación, en formato electrónico deberá  ser rexistrada directa e unicamente no Rexistro Electrónico do Ministerio de Educación e FP ao que accederá  dende o servizo online,  para iso deberá dispoñer algún dos certificados dixitais recoñecidos polo Ministerio (FNMT, DNI, NIE ou certificado de calquera outra autoridade de certificación recoñecida pola plataforma @firma)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Folla de servizos, cerrada dentro do prazo de presentación de solicitudes.
  • Certificación expedida polos órganos competentes da Administración educativa da que dependa o candidato, na que deberá constar o corpo docente no que está en servizo activo, a data de ingreso no mesmo e a especialidade ou especialidades das que sexa titular.
  • Toda a documentación xustificativa para a valoración dos méritos aos que fai referencia o anexo II desta convocatoria.
  • Documentación xustificativa do requisito específico de coñecemento de idioma ao que se refire a Base primeira, apartado B, desta convocatoria.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

 Fase xeral

Valoración dos méritos que se especifican no baremo (Anexo II). A valoración será de 0 a 10 puntos. Mínimo 2 puntos para acceder á seguinte fase.

  1. Fase específica

Valoración dos méritos específicos adecuados ás características dos postos convocados. Esta valoración efectuarase mediante unha proba escrita que constará de dúas partes, ambas obrigatorias e eliminatorias. Realizaranse o mesmo día.

  1. A primeira parte da proba consistirá en responder a un cuestionario dun máximo de 60 preguntas de opción múltiple de contidos teóricos. Tempo máximo: 60 minutos.
  2. A segunda parte consiste en dar resposta a un ou varios suposto prácticos relacionados co exercicio das funcións no exterior. Tempo máximo: 2 horas.

A primeira parte da fase valorarase de cero a cinco puntos e será necesario alcanzar unha puntuación 2’5 puntos para superala.

A segunda parte desta fase específica valorarase de cero a quince puntos e será necesario alcanzar polo menos o 50 % para superala.

 

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN

 A proposta de resolución do concurso deberá recaer sobre o candidato con maior puntuación para cada posto,  sumados os resultados finais das fases xeral e específica.

 

RESOLUCIÓN DO CONCURSO

 Concluídas as distintas fases, o Presidente da Comisión de Selección elevará á  Subsecretaría a proposta de resolución do concurso, que conterá a relación de candidatos seleccionados e os postos adxudicados xunto coas puntuacións definitivas obtidas polos mesmos.

 

CURSO DE FORMACIÓN

 Os candidatos nomeados por primeira vez como funcionarios docentes no exterior, deberán realizar con carácter previo á súa incorporación ao mesmo, un curso de formación específico de preparación para as tarefas que levarán a cabo.

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".