Concurso extraordinario: baremo definitivo, adxudicación provisional, opción de ingreso.

Na páxina web da consellería vén de publicarse o baremo definitivo correspondente ós procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos tanto para o corpo de mestres como no resto de corpos.
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, mediante o procedemento normalizado código ED001B na Carpeta cidadá, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de un mes.
Asemade vén de publicarse a Resolución da Comisión de Selección pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos.
- Relación provisional de persoas propostas Corpo 590
- Relación provisional de persoas propostas Corpo 592
- Relación provisional de persoas propostas Corpo 593
- Relación provisional de persoas propostas Corpo 594
- Relación provisional de persoas propostas Corpo 595
- Relación provisional de persoas propostas Corpo 596
- Relación provisional de persoas propostas Corpo 597
- Relación provisional de persoas propostas Corpo 598
De acordo co establecido no apartado sexto da base décimo terceira, os aspirantes que figuren con puntuación para ingresar por máis dunha especialidade do mesmo corpo deberán optar por ingresar nunha delas, por medios electrónicos, mediante o trámite activado para este efecto na carpeta cidadá, no procedemento normalizado código ED001B, no prazo de tres días hábiles computados a partir do día seguinte á publicación desta resolución na páxina web da consellería (www.edu.xunta.gal). Velaquí as instrucións. De non facer opción no prazo sinalado entenderase que acceden pola última especialidade na que prestaron servizos e, no seu defecto, pola especialidade con menor código de identificación.
Se participas neste proceso, revisa a túa situación!
Recorda que se necesitas asesoramento neste eido, como sempre podes contar con nós. Estamos aquí!