Logo
Imprimir esta página

Comisión negociadora XII Convenio de Educación Infantil

Comisión negociadora XII Convenio de Educación Infantil

O pasado 26 de maio, tivo lugar de novo unha reunión da Comisión Negociadora do Convenio de Educación Infantil para intentar adecuar as táboas salariais sen ningún avance concreto.

 

As patronais inicialmente ratificáronse na proposta salarial que xa fixeran na anterior reunión. No Anexo I (táboa xeral), no salario das educadoras engadirían 10€ mais, polo que o salario mensual destas pasaría a ser de 968,09€ a partir de setembro de 2021.

 

No transcurso da reunión, as organizacións patronais si que moveron levemente a súa posición, non dende o punto de vista económico senón dende o cualitativo, pois ofrecen un recoñecemento reivindicado polas organizacións sindicais: o recoñecemento implícito por escrito do dereito a que as educadoras infantís perciban un diferencial.

 

UGT Servizos Públicos fai as seguintes consideracións:

  • UGT Servizos Públicos valoraría positivamente un recoñecemento claro, por parte das organizacións patronais, do dereito das educadoras a ter un salario superior ao dos postos de traballo vinculados ao SMI. Este recoñecemento implica que, de cara ao futuro, teríamos que discutir coas patronais a cuantía dese diferencial, pero non o concepto demandado pola nosa organización do dereito a que as educadoras infantís deben ter ese salario superior.
  •  Pese a todo, UGT Servizos Públicos valorou como insuficiente o incremento deste diferencial de 10 euros.
  • UGT, como tamén manifestaron as restantes organizacións sindicais, avaliará a situación e dará resposta na seguinte reunión da comisión.
  • UGT Servizos Públicos segue mantendo que a solución pasa por un prantexamento mais global, vinculado a un prazo de aproximadamente 3 anos, como xa se explicou na reunión anterior. O plantexamento incluiría unha progresividade nos incrementos salariais e unha temporalización ata chegar aos 1.200 €.
UGT.es | Política de Protección de datosCookies Privacidad Aviso legal
@FeSP-UGT 2018

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".