Inicio de curso caótico marcado pola supresión de recursos e falta de información e coordinación

Inicio de curso caótico marcado pola supresión de recursos e falta de información e coordinación

Como xa lle viñamos avisando á Consellería estamos ante un inicio de curso caótico marcado pola supresión de recursos e falta de información, coordinación e lexislación por parte da Consellería de Educación.

Citando só algunhas das máis graves problemáticas atopamos:

Chamamentos sen facer e claustros incompletos

A día de hoxe, 7 de setembro, un día antes de que arranque o curso en Galicia, hai chamamentos sen facer, o que se traduce en claustros incompletos, o que, evidentemente, fixo moi difícil que o día 1 de setembro se puidese organizar o curso con todos os recursos dende os equipos directivos dos centros, que xa nestes datas teñen unha sobrecarga burocrática engadida á propia planificación académica dos cursos.

Decretos de currículo sen publicar, aínda que están aprobados polo Consello Escolar dende maio

UGT Ensino tamén denuncia que hai decretos de currículo sen publicar, a pesar de que xa están aprobados polo Consello Escolar dende o mes de maio. O Sindicato lémbralle á Xunta que os docentes precisan dun proxecto de currículo para poder programar as súas clases e considera que Educación tivo tempo suficiente para publicar estes documentos antes do comezo do curso.

Adxudicacións de interinidades e substitucións tardías

A todo isto súmanselle adxudicacións de interinidades e substitucións tardías. Por unha banda, están os docentes que sempre obtiñan interinidades no Concurso para a Adxudicación de Destinos Provisionais e que se atopan actualmente na rúa, sen destino. Por outro lado, están os que teñen que cubrir prazas doutros docentes dende o día 1 de setembro e que a Consellería de Educación a día de hoxe aínda non adxudicou.

Aforro escatimando días aos interinos

UGT pregúntase a que agardan e manifesta as súas dúbidas sobre a cobertura total de prazas para mañá. Ao respecto, pregúntase se será un tema de aforro económico por parte da Xunta. De feito, UGT Servizos Públicos xa denunciou no seu momento, cando se fixo público o cambio de calendario, que os motivos das modificacións eran, en gran medida económicos, buscando escatimar días aos interinos.

Centros aínda en obras

Tamén hai que denunciar que hai centros educativos en obras, o que impide a concentración necesaria para a organización do inicio de curso. Hai dous meses para realizar as obras e sempre teñen que esperar ao inicio de curso para facelas, incluso seguen co comezo das clases. UGT pregúntase cando se vai cambiar o xeito de proceder para deixar que os docentes poidan traballar con condicións dignas.

Insistimos unha vez máis en que a Consellería ten que tomar nota da realidade e do día a día nos centros e non limitarse á elaborar normativas sen ter en conta os recursos que de verdade esixe unha educación de calidade. O profesorado merece que se escoite a súa voz.

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".