Alegacións de UGT á proposta de acordo dun plan temporal para facer fronte á crise sanitaria provocada pola Covid-19 nas residencias de persoas maiores e noutros centros sociosanitarios de Galicia (23/11/2020)

Alegacións de UGT á proposta de acordo dun plan temporal para facer fronte á crise sanitaria provocada pola Covid-19 nas residencias de persoas maiores e noutros centros sociosanitarios de Galicia (23/11/2020)

Hoxe na reunión previa á Mesa Xeral, expuxemos as alegacións que foron remitidas á Dirección Xeral da Función Pública e que se conteñen nos seguintes apartados:

UN.- OBXECTIVOS DO PLAN.

Proponse o análise da posibilidade de inclusión doutras categorías.

DOUS.- EQUIPOS DE APOIO AUXILIAR.

Proponse que o persoal laboral temporal ocupe postos vacantes ou con cobertura de longa duración de cando menos 6 meses. Esta alegación realizase con base en que non parece ter moito sentido que persoal vinculado a unha temporalidade taxada e curta no tempo pase a formar parte dun equipo con vocación de estabilidade, cando menos cinguida á actual situación de pandemia.

Proponse que exista un equipo de apoio auxiliar nas provincias de Lugo e Ourense e dous nas de A Coruña e Pontevedra, que terán o seu ámbito de actividade limitado á provincia, podendo establecerse por ámbitos menores ao provincial, no suposto de varios equipos nunha mesma provincia.

TRES.- RÉXIME DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS.

Alégase que con independencia da prestación de servizos nos centros que sexa necesario o réxime de descansos respectará o establecido no V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, coas adaptacións que sexan precisas nas carteleiras dos centros.

CATRO.- RETRIBUCIÓNS.

Solicitase que de conformidade co artigo 26.3 do VCCU, que establece unha contía máxima porcentual ao complemento de singularidade de posto de responsabilidade, solicítase a súa aplicación nos termos do Convenio.

CINCO.- PROVISIÓN DOS POSTOS.

A provisión debe constar de xeito expreso que é voluntaria.

SEIS.-REINCORPORACIÓN DO TITULAR E CESAMENTO DO PERSOAL SUBSTITUTO.

Proponse un cambio na redacción da cláusula no sentido de que: unha vez rematada a actuación do equipo de apoio o dito persoal volverá ao seu posto no seu centro de traballo. A persoa substituta continuará prestando servizo no mesmo centro, sen adscrición a posto concreto, durante un mes á volta da persoa á que substitúa.

A reincoporación ao posto, da persoa integrante do equipo de intervención, farase efectiva logo da realización e obtención de proba PCR con resultado negativo, en tanto non se produza este feito non se incorporará ao seu posto de orixe.

Durante o mes indicado no parágrafo primeiro da presente cláusula as persoas integrantes do equipo de apoio seguirán a percibir as retribucións salariais que tiñan asignadas no equipo de apoio. Finalizado ese mes, serán cesados, a todos os efectos, o persoal temporal que os substituíu ata ese momento.

Se durante o antedito mes son novamente chamados para realizar outra intervención, continuarán prestando servizo as persoas substitutas temporais.

Proponse o cambio de que a persoa que forme parte do equipo de apoio sexa a que retorne ao posto e a persoa substituta pase a ocupar posto sen adscrición, en atención a que puidera ser que se usase esa duplicidade para a cobertura das distintas situacións ou necesidades de persoal nos centros (vacacións pendentes de desfrutar, baixas laborais, asuntos propios...), non parecendo de sentido común que sexan as ocupantes do posto en orixe as que se visen obrigadas á esas coberturas logo de ter realizado apoio en situacións Covid nos centros nos que se lles encomende.

SETE.- CARREIRA ADMINISTRATIVA. VALORACIÓN DE MÉRITOS

Proponse que para o persoal temporal a adscrición aos equipos de intervención terá efecto de duplicación da puntuación outorgada ao chamamento efectivamente realizado, contabilizando os meses efectivos de prestación no mesmo, de igual forma terán unha valoración específica e diferenciada os servizos prestados nos equipos de intervención, nos sistemas de selección da Xunta de Galicia.

OITO.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO.

Constitúese unha comisión de seguimento coas funcións de vixilancia, interpretación e control, así como as que se sinalan no presente acordo, que estará composta por un  membro de cada unha das organizacións sindicais asinantes ou adheridas a este, e un número igual de persoas por parte da Administración. Presidirá a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública ou persoa en que este delegue e será secretario/a un/unha funcionario/a público/a con rango de subdirector/a xeral ou xefe/a de servizo, que actuará con voz pero sen voto.

Entre as súas competencias estará a análise de proposta de incremento dos equipos provinciais.

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".