Logo
Imprimir esta página

Comisión de persoal extraordinaria (17/12/2020)

Comisión de persoal extraordinaria (17/12/2020)

Proxecto de decreto polo que se suprime o cixtec e se modifican os estatutos da amtega.

Respecto do texto que se presenta, aclaran que algunhas das cuestións alegadas non se tratan nel, se non que serán obxecto do acordo que se está a tratar no ámbito do Comité de Empresa e se negociará en Mesa Xeral. Sobre as cuestións alegadas informan que:

  • As prazas de estabilización do CIXTEC: segundo os seus datos son 7 e incluiranse na próxima OPE.
  • Carreira profesional: levará efectos do 01/01/2020 téndose en conta o tempo traballado en CIXTEC para a obtención dos graos.
  • Orde de integración e RPT: Incorporarase no acordo as equivalencias de categorías, negociarase no mes de xaneiro próximo, así como a RPT.

UGT considera que as alegacións ao proxecto de decreto están respondidas, o proxecto de estatutos contempla as mesmas prescripcións que outros entes adaptados á LOFAXGA, que se da un primeiro paso necesario para mellorar a situación do persoal de CIXTEC. UGT reitera á Función Pública a que se apure a negociación pendente de RPT e Acordo.

UGT: a favor              CIG: en contra                        CCOO: a favor.                       CSIF: a favor.

Proxecto de decreto polo que se modifica o estatuto da agadic.

A proposta de modificación de estatutos da AGADIC, ao noso entender, ten como obxecto unicamente a creación dun posto de persoa coordinadora/xerente. A amortización dunha praza (xastra) e a supresión da dotación económica do Director do CGAI converteuse na escusa perfecta para facer pasar como necesidade de carácter estrutural unha manobra que máis parece pensada para disfrazar as limitacións na xestión e organización interna do director da Axencia.

Preocúpanos o baleirado de contido, e así o puxemos de manifesto do antigo Departamento de Produción Coreográfica (coa modificación estatutaria pasará a denominarse Departamento de Música e Danza). A desaparición expresamente no novo articulado da “xestión do programa de actividades culturais e da capacidade da decisión sobre o plan de programación anual” do Centro Coreográfico Galego parécenos unha agresión inaceptable a este Departamento e ao conxunto das traballadoras e traballadores que forman parte do mesmo.

UGT: en contra          CIG: en contra                        CCOO: en contra                    CSIF: a favor

Varios:

  • Concurso de persoal veterinario:
    • Comprobarán as alegacións recibidas sobre as prazas, pero entende que se fixo correctamente ofertando as prazas efectivamente ocupadas.
  • Criterios sobre o buzón de prazas de Auxiliares de enfermería e camareiras limpadoras:
    • Remitíronse xunto co número de prazas do buzón de postos. Computan ata 6 anos posto que con menos non hai prazas suficientes. Están abertos a que se lles propoña algún outro tipo de criterio.
  •  http://www.xunta.es/dxfp/Funcionarios/OPE2015/207C/ActoDef_207C.pdf

    • A elección de destino está prevista para o día 5 de xaneiro.
    • Segundo o que explica Función Pública seguíronse os criterios xerais, ofertando todas as prazas que saíron ao concurso e que non foron ocupadas.
    • UGT considera que existían prazas suficientes vacantes ou resultantes do concurso, sen ter que ofertar prazas ocupadas por interinos que poden estar afectados por procesos a desenvolver sobre consolidación ou estabilización.
    • Acordo de CIXTEC e de VVRRNN:
      • Irá a Comisión de Persoal a convocar para o vindeiro martes 22 de decembro. Comisión a que irá tamén a modificación do anexo do Decreto de funcionarización.
UGT.es | Política de Protección de datosCookies Privacidad Aviso legal
@FeSP-UGT 2018

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".