Logo
Imprimir esta página

Listas de contratación temporal: Modificación de ámbitos

Listas de contratación temporal: Modificación de ámbitos

O persoal inscrito nas listas poderá solicitar o cambio de ámbitos no mes de xaneiro mediante unha solicitude con presentación electrónica, facéndose efectiva o 1 de marzo dese mesmo ano.

CATEGORÍAS DO SERVIZO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS:

  • As persoas integrantes das listas de categorías de defensa contra incendios forestais que desexen modificar o concello de empadroamento farano no mes de xaneiro utilizando o modelo de solicitude que estará dispoñible no portal web e achegarán o certificado de empadroamento.

  • A solicitude de actualización dos méritos referidos a servizos prestados en concellos e mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables, no ano anterior, pode presentarse no mes de xaneiro de cada ano e deberá acompañarse do certificado de servizos prestados no concello ou mancomunidade de municipios.

SOLICITUDES DE CAMBIO DE ÁMBITO OU DE DATOS PERSOAIS

As persoas inscritas nas listas que desexen cambiar de ámbito ou modificar os seus datos persoais deberán facelo mediante unha solicitude con presentación electrónica.

As solicitudes poderán presentarse:

  1. Para cambio de ámbito: no mes de xaneiro de todos os anos; producirán efectos na xestión das listas a partir do 1 de marzo seguinte.

  1. Para cambio de datos persoais: en calquera momento; producirán efectos na xestión das listas desde o día seguinte ao da súa presentación.

Exceptúase da presentación electrónica obrigatoria a comunicación do número de teléfono móbil, que tamén se poderá presentar en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, mediante modelo normalizado que se poderá descargar na páxina web da Xunta de Galicia

https://www.xunta.gal/funcion-publica/

As persoas integrantes das listas en cuxo expediente non figure un número de teléfono móbil están obrigadas a comunicalo.

LEMBRAR QUE AS LISTAS DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS (PSX) E XEROCULTOR NON ESTÁN EN XESTIÓN, POLO TANTO NON SE PODE CAMBIAR OS ÁMBITOS

 

INFORMA-T

UGT.es | Política de Protección de datosCookies Privacidad Aviso legal
@FeSP-UGT 2018

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".