Reunión da RPT do Persoal non Docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Reunión da RPT do Persoal non Docente da  Consellería de Cultura, Educación e  Universidade

 

Onte tivo lugar a instancias da Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a segunda xuntanza coas OOSS co obxecto de negociar a modificación da Relación de Postos de Traballo do seu persoal non docente.

Este sindicato volveu reiterar a necesidade de abrir con carácter urxente unha mesa de negociación onde se aborden con criterios obxectivos e adaptados á realidade socioeconómica actual os rateos do persoal non docente funcionario e non docente laboral/limpeza recollidos na Circular 1/1994 da antes denominada Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Desafortunadamente a Consellería segue a amosar unha absoluta falta de sensibilidade, que semella conxénita, desprezando sistematicamente as históricas e lexítimas reivindicacións do persoal non docente de mellora das súas condicións laborais.

É absolutamente imposible que se descoñeza, por exemplo, que o colectivo de persoas limpadoras teñan asignados 1.800 metros lineais nos centros de ensino, cando por exemplo nas dependencias administrativas da Xunta de Galicia é de 1.300 metros.

Na xuntanza de onte reiterouse que non hai previsión por parte dos responsables políticos da Consellería de abrir un escenario de negociación para adaptar os rateos. Seguiremos insistindo e non dubidaremos en empregar todas as ferramentas ao noso alcance para alcanzar un obxectivo que estamos convencidos é de xustiza. Non recoñecer e imposibilitar unha adecuación dos rateos ás demandas actuais de administración e servizos invalida de facto calquera argumento optimista ao que poidan estar tentados de defender os responsables políticos e administrativos da política educativa galega.

Consideramos, ao contrario do que se pretendía na xuntanza de hoxe, que calquera anuncio de creación de prazas, é ficticio: o seu único obxecto é o de ir dando resposta a situacións que en absoluto atenden a unha estratexia de planificación previa, senón a respostas puntuais derivadas de situacións sobrevindas.

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".