Reunión segunda actividade bombeiros/as forestais

Reunión segunda actividade bombeiros/as forestais

 

Hoxe tivo lugar a Comisión de Seguimento do Acordo de 2ª actividade dos Bombeiros Forestais, da que forma parte UGT como sindicato asinante. Na mesma deuse conta dos criterios e prazas que se ofertarán á segunda actividade para tódalas categorías de Bombeiro Forestal a partir da publicación no DOG (primeira semana de xaneiro) ata o día 31 e destinado tanto a traballadores fixos como temporais.

Criterios solicitude:

  • Ter cumpridos ou cumprir 60 anos no ano 2022.

  • Compromiso de xubilación na idade legalmente establecida.

  • Para os efectos do pase á segunda actividade, os interesados terán que solicitar no modelo correspondente:

    • Os postos de traballo que figuran no Anexo dos centros situados dentro da súa comarca de adscrición, sempre que cumpran os requisitos específicos do posto de traballo.

    • De non haber postos dentro da súa comarca, poderán:

      • solicitar o pase á segunda actividade para realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico,

      • se ben tamén poderán pedir voluntariamente postos do referido anexo situados noutras localidades e,

      • incluso, adscrición a comarcas ou distritos distintos daquel no que prestan servizos.

  • Para os efectos de resolver as adscricións a segunda actividade, terán preferencia:

    • Os/as que teñan destino definitivo no mesmo ámbito.

    • Os/as que teñan destino provisional.

    • E por último, os solicitantes que teñan o destino definitivo noutro ámbito.

No caso de empate dentro dos integrantes de cada un dos tres grupos sinalados anteriormente, terá preferencia na localidade:

  • o/a que teña mais antigüidade e

  • se persiste o empate resolverase a prol do que teña maior idade.

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".