Mesa previa á mesa sectorial persoal funcionario: Bases de procesos selectivos

Mesa previa á mesa sectorial persoal funcionario: Bases de procesos selectivos

 Onte tivo lugar a segunda mesa previa sobre os borradores dos procesos selectivos seguintes:

  • Estabilización, enxeñerías A1: Agronómica, montes, industrial, minas, química e arquitectura.
  • Acceso libre, enxeñerías A1: Agronómica, montes, industrial, minas, química e arquitectura.
  • Acceso libre A1: Sistemas de tecnoloxía da información.
  • Estabilización, enxeñerías A2: Agrícola, técnica forestal, técnica industrial e arquitectura técnica.
  • Acceso libre e estabilización C1: Gardacostas

O Director Xeral da Función Pública informou que as bases teñen os seguintes cambios, logo da primeira reunión e do análise das alegacións presentadas:

  • Modificacións de carácter xeral:
    • Suprímese a referencia ao consentimento para consulta de expediente clínico das embarazadas.
    • Incorpórase como mérito de formación os cursos impartidos polas OOSS en convenio coa EGAP.
    • Na promoción interna de acceso libre modificase a fórmula para baremar a antigüidade pasando de 0,20/mes a 0,10 o que leva a un máximo de 10 anos os servizos prestados, fronte aos 5 iniciais. Axústase máis á de interna de estabilización que permite valorar ata 12,5 anos.
    • Dáse nova redacción á experiencia profesional na mesma categoría, pasando a ser como empregado público na mesma escala, especialidade ou categoría á que se opta, sempre que se inclúan dentro do mesmo de grupo de titulación.
    • Intentaron no caso da estabilización das convocatorias de estabilización manter o mesmo baremo que se tiña nas últimas convocatorias de Finanzas A1 e A2k.
    • Inclúese unha fórmula para a nota de corte, sobre a que están analizando as alegacións presentadas.
    • Respecto as prazas con carácter xeral, estase examinando o número de vacantes existentes nas respectivas escalas. Adianta que, en A1 de informática non hai interinos, e polo tanto coas 16 prazas que saen non hai problema de cobertura por persoas interinas. No C1 de gardacostas de 22 prazas ofertadas na convocatoria, hai 23 prazas vacantes e algunha delas ocupadas por persoas interinas de duración inferior a 6 anos. Nas demais escalas están axustando as prazas das convocatorias, rebaixando o seu número no caso de que puidese haber empregados públicos afectados polo proxecto de lei que está en tramitación no Estado. A revisión nalgunha das escalas está levando algo máis de tempo, así por exemplo en Agrónomos hai máis de 100 prazas vacantes, pero aquí das 48 que se ofertan hai moitas compartidas con Montes, Agrícolas ou Forestais. Polo tanto, están analizando a situación pormenorizadamente para aportar esa información antes da Comisión de Persoal. En todo caso, procederán a retirar as prazas susceptibles de afectación polo previsible procedemento de concurso (as anteriores ao 1 de xaneiro de 2016).
  • Modificacións particulares:
  • A1 de estabilización de enxeñerías:
    • Modificase a oferta de prazas de estabilización, ofértase a maiores 1 praza de arquitectura da ope 2020 e 2 prazas de arquitectura para PI, fronte a 1 ofertada inicialmente.
    • Aumenta a PI na especialidade enxeñería industrial en 3 e redúcense a 8 as prazas de estabilización da mesma especialidade, esta redución prodúcese en execución correcta da ope.
    • Actualízanse temarios de enxeñería superior e técnica de minas.
    • Todas as alegacións de programas remitidas polas OOSS foron aceptadas.
  • A1 de informática:
    • Dáse maior valor ao primeiro exercicio tipo test outorgándolle unha puntuación de 60 puntos ao primeiro exercicio e 40 ao exercicio práctico, antes 50 cada un
  • C1 de Gardacostas de libre e estabilización:
    • Suprímese a permanencia no posto como mérito e inclúense na fase de concurso todos os méritos valorables nos procesos de estabilización, outorgando un valor ao concurso do 40%, dos que o 35 corresponde á experiencia profesional e o 5% á formación.
    • Ofértanse 6 prazas para a promoción interna en lugar das 5 inicialmente previstas
    • Modifícase a parte xeral do temario e substitúese por leis
    • Modifícanse os tempos para a realización das 3 probas físicas que volven a ser os mesmos que no proceso anterior.

UGT ao respecto do informado considera:

  • Débese valorar o axuste realizado sobre os baremos, que atende as nosas alegacións sobre algunhas incorreccións que tiñamos detectado.
  • Requirimos a listaxe que se está a realizar sobre as prazas obxecto de retirada dos procesos en atención ao que puidera determinar a nova lei sobre temporalidade nas administracións públicas.
  • Entendendo que, dentro dos propostos, hai procesos selectivos de estabilización e libre de forma conxunta, consideramos que se debe seguir aquel modelo de convocatorias anteriores que ían na liña de simplificación e racionalización das probas e temarios.
  • Valorase positivamente que se introduza a nota de corte nas convocatorias, o que sen dúbida aportará beneficios non só aos aspirantes nos procesos senón que tamén aos propios tribunais, xerando certezas para ambos e evitando disparidades que sen dúbida non aportan nada aos procesos, máis ben todo o contrario. Esperamos poder acadar consenso sobre a redacción final da mesma e para iso temos aportado unha proposta que entendemos mellora os posibles supostos formulados pola mesma.

No punto de varios a DXFP informa do seguinte:

  • Convocarán a comisión de persoal, cando dispoñan da información completa das prazas non afectadas a ofertar. As de consolidación do Anexo III (das OPEs) e que teñan unha duración superior aos 6 anos, que poden ser a maioría, non sairían nestes procesos para non xerar maior incerteza respecto da nova norma.
  • A RPT de funcionarización de Política Social remitirase despois do Nadal, con toda a documentación para a súa negociación.
  • Presentarán unha oferta extraordinaria de 2021, que debería aprobarse antes de que remate o ano.
  • UGT pregunta pola repercusión do retraso da RPT sobre as adscricións, ao que se indica que se deron instrucións para a súa prórroga ata o 31 de xaneiro de 2022, que é cando está prevista a súa entrada en vigor.

DESCARGAR INFORMA-t

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".