Logo
Imprimir esta página

Situación da cobertura de postos no servizo de gardacostas de galicia.

Situación da cobertura de postos no servizo de gardacostas de galicia.
 

Á adxudicación dos 20 postos realizada como resultado do proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, UGT considerou que deberían ter correspondido exclusivamente á especialidade de Vixilante-Mariñeiro (Nivel 14). Isto non foi así dándolles opción a ocupar prazas de Subinspector e Patrón con distintos niveis, aos que non opositaron nin para os que o proceso selectivo tiña como obxecto a súa cobertura. En concreto 1 de Subinspector (N16), e 4 de Patrón (N18), a maiores dos 15 postos de Vixilante-Mariñeiro (Nivel 14).

O día 11 de xaneiro de 2021 a Consellería de Pesca publica, a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, 14 prazas para a súa cobertura polo sistema de provisión mediante a comisión de servizo, entre as que da especialidade de Vixilantes-Mariñeiros hai 6 nas Unidades Operativas de A Coruña, Muxía,  Ribeira e Pontevedra.

UGT non entende como se ofertan á elección de destino, da ope postos de Subinspector e Patrón, en tanto que días máis tarde saen para a súa cobertura en Comisión 6 prazas de Vixilante-Mariñeiro, o que ven a significar que si existían prazas suficientes na categoría de Vixilante-Mariñeiro.

UGT xa advertiu no seu momento que os postos ofertados á elección de destino non reflectían a realidade de postos vacantes no Servizo de Gardacostas.

UGT no compartiu a decisión de ofertar postos ocupados por persoal interino con máis de 3 anos de antigüidade a 31 de decembro de 2017, en atención a que ditos postos puidesen ser obxecto de estabilización, e polo tanto ser reservados para a dita oferta.

UGT, en todo caso, considera que non se está a proceder á contratación de interinidades, cando existen prazas vacantes puras que deberan ser ocupadas a fin e efecto de poñer o Servizo en un nivel óptimo de funcionamento.

A este último inciso, e derivado das notificacións realizadas por Función Pública, o 8 de marzo, sobre a cobertura de determinados postos, do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes do servizo de gardacostas de Galicia, cumpre dicir que:

UGT considera e require a revisión da lista existente, na que se teña en conta a formación esixida na RPT dos aspirantes a escala de axentes (subgrupo C1), denominación do posto de vixilante mariñeiro; a saber: Permiso de conducir (R.I.), Libreta de navegación, Certificado de suficiencia de Mariñeiro de Ponte da Mariña Mercante, ou calquera outra habilitación náutica da mariña Mercante que teña atribucións profesionais de despacho de buques ou superior o anterior.

  • No mes de outubro do ano 2018, UGT remitiu escrito a Función Pública no que advertíamos da posibilidade de que non todas as persoas opositoras estaban en posesión da LIBRETA DE INSCRIPCIÓN MARÍTIMA, que leva consigo a TITULACIÓN PROFESIONAL da “Formación Básica” e o “Certificado médico de aptitude para embarque”
  • Considerando que na data da elaboración da lista definitiva nos consta que solo se tiveron en conta, nalgúns casos, os certificados de suficiencia de mariñeiro de ponte que emitiu a Consellería do Mar tendo, exclusivamente, carácter académico e que non habilitan para enrolarse nas embarcacións de Gardacostas nin en ningunha outra, xa que esta ten, como condición complementaria para poder optar a titulación PROFESIONAL a acreditación de haber realizado un período de embarque non inferior a dous meses realizando, polo tanto, os servizos profesionais como mariñeiro de ponte e posteriormente habilitados polos órganos periféricos da Dirección Xeral da Mariña Mercante para que poida ser expedida a TITULACIÓN PROFESIONAL polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e non exclusivamente a académica. De non ser así se está incumprindo a formación esixida na RPT prexudicando os aspirantes que figuran na lista e que cumpren coa mesma.

Polos motivos anteriores UGT dirixiu escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar e á Dirección Xeral da Función Pública, co fin de que:

  • Con anterioridade a proceder á cobertura dos postos ofertados se revise a formación esixida na RPT da Consellería do Mar QUE TIÑAN NO MOMENTO DE ANOTARSE NAS LISTAS, dando por válida e a mesma e en concreto o CERTIFICADO DE SUFICIENCIA DE MARINERO DE PUENTE DE LA MARINA MERCANTE, competencia exclusiva do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.
  • Se proceda á cobertura dos máximos postos vacantes posibles a fin e efecto de ter o Servizo de Gardacostas a plena efectividade do seu rendemento.
UGT.es | Política de Protección de datosCookies Privacidad Aviso legal
@FeSP-UGT 2018

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".