Reunión Segunda Actividade Persoal Bombeiro Forestal

Reunión Segunda Actividade Persoal Bombeiro Forestal

O pasado día 12 de maio tivo lugar a reunión da Comisión de seguimento do Acordo de segunda actividade do persoal Bombeiro Forestal.

A Administración da conta de 21 solicitudes, todas cumpren os requisitos, das que a distribución é a seguinte:

  • Por vínculo xurídico:

P. LABORAL FIXO

P. LAB. INDEF. NON FIXO

LAB. TEMPORAL

12

6

3

  • Por categoría profesional:

CATEGORÍA

SOLICITUDES

III-100

1

IV-33

10

V-14A

2

V-14

18

  • Por Distritos:

DISTRITO

SOLICITUDES

DF II

1

DF III

2

DF IV

1

DF V

3

DF VI

1

DF VIII

4

DF IX

2

DF X

1

DF XIV

2

DF XV

1

DFXVI

1

DF XVII

1

DF XVIII

1

A  Administración destaca dos datos presentados as seguintes cuestións:

  • Hai persoas que solicitan postos que non estaban ofertados.

  • 6 solicitudes corresponden a persoal laboral fixo que está no procesos de funcionarización.

  • 1 persoa que pediu e non lle correspondía, dado que xa está en segunda actividade.

  • Varias das solicitudes de persoal de 6 meses solicitou prazas de 12, que están fora do ámbito.

  • 1 persoa traballadora da Comarca Forestal da Terra Cha, solicita prazas que non corresponden e non o solicita prazas do Viveiro de San Breixo onde si hai na oferta, a Administración propón que se lle asigne de oficio esta última.

A Dirección Xeral da Función Pública, presente na reunión, informa no mesmo sentido que se comunicou na Mesa Xeral do día 11, abundando que:

  • Vaise iniciar a negociación da segunda actividade do persoal funcionario.

  • Que pasa con solicitantes actuais de segunda actividade?

    • Si continúan como persoal laboral e acceden nesa condición ao posto de segunda actividade manterán a condición de laboral sen perder o complemento de carreira.

    • Unha vez rematado o proceso de negociación do acordo de segunda actividade de persoal funcionario, terán un prazo para solicitar o cambio do posto de laboral a funcionario, e se pasan a funcionario manteñen a carreira e a segunda actividade.

    • O mantemento do complemento de carreira será tratado na Comisión de Seguimento do Acordo de carreira.

 

INFORMA-T

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".