Comisión de Persoal: RPT Funcionarización BBFF

Comisión de Persoal: RPT Funcionarización BBFF

RPT FUNCIONARIZACIÓN DE BBFF:

UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: en contra.

SENTIDO DO VOTO DE UGT:

Na Mesa Xeral do pasado día 11 explicamos as reivindicacións de UGT acadadas na negociación, entre as que caben citar:

  • - Paso efectivo do persoal de 9 meses a 12.
  • - Eliminación dos complementos de funcionarización.
  • - Mantemento dos trienios perfeccionados como laborais.

UGT seguimos demandando que na vía da negociación se temporalice e fagan efectivas as seguintes:

  • - Revisión de niveis dalgunhas das especialidades.
  • - Segunda actividade do persoal funcionario.
  • - Acordo de condicións de traballo.

A Dirección Xeral da Función Pública responde, con carácter previo á votación, ao igual que se fixo nas RPT de equivalencias para a funcionarización de corpos xerais e especiais que se aprobaron ata o de agora,  que se tratara nas RPT ordinarias:

  • - Revisión de niveis: inicio da negociación no mes de setembro.
  • - Segunda actividade: compromiso de remitir un texto antes do 15 de xuño, co fin de acadar unha norma con carácter xeral de segunda actividade. Asegurando que no suposto de non acadar acordo  haberá unha transitoriedade de aplicación a funcionarizados da regulación actual de laborais.
  • - Acordo de condicións de traballo: nas próximas semanas será remitido unha proposta para proceder á súa negociación.

Coa presente RPT,

ACÁDASE:

  • - Cumprir o Acordo de condicións de traballo do VCCU, coa extinción do tempo de traballo do persoal laboral fixo-descontinuo e a prestación inenterrompida dos seus servizos, o que dará pé a unha reorganización global do dispositivo e con iso á racionalización dos horarios de traballo, quendas, reténs e vacacións”.
  • - Cumprir o Acordo de concertación coas garantías retributivas e de réxime de prestación de servizos e condicións de traballo, que se conseguiron co Decreto de funcionarización.

Abrir a negociación dunha RPT ordinaria, esta é de equivalencias de funcionarización, e abrir a negociación dunha nova regulación de condicións de traballo e de segunda actividade.

MANTENSE A ACTUAL REGULACIÓN AO RESPECTO DE:

  • - Condicións de traballo en materia de xornada de traballo, horario e descansos, prolongacións de xornada,  funcións e categorías, os EPIS, e definitiva todo o réxime actual en tanto non se negocie e substitúa por outro.
  • - As vacacións e licencias, o igual que o decreto de listas, está regulado igual para funcionarios e laborais....

Todas elas cuestións que estaban e seguen estando en vigor, porque así o acorda UGT o 15 de xaneiro de 2019, a través do Acordo de concertación do emprego público de Galicia que determina: PARA O CORRECTO MANTEMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS POR PARTE DOS EMPREGADOS PÚBLICOS FUNCIONARIZADOS SERÁN AS MESMAS QUE ANTES DA FUNCIONARIZACIÓN EN TANTO EN CANTO NON SE ACORDEN OUTRAS DISTINTAS.

Por certo, xa hai moito persoal funcionarizado voluntariamente, que se lle respecta o seu réxime e condicións de traballo e este feito é de sobra coñecido polos funcionarizados voluntarios que se dedican a difundir libelos infumables.

Hai que ser DEMAGOGO E FALAZ para dende a súa funcionarización voluntaria intoxicar e pretender dende o engano falsear a realidade das cousas, está moi claro, branco sobre negro, valeiros de garantías estaríamos coa inutilidade destes escribentes de libelos parasitos dos beneficios do traballo dos demais.

E preguntas que lanzamos, si tan mala é a funcionarización voluntaria:

  • - Por que as persoas liberadas e delegadas das organizacións sindicais do NON, son os primeiros en solicitala?
  • - Por que se induce con enganos a non solicitar a funcionarización, cal é a pretensión? eles se funcionarizan e os demais non.....
  • - Acaso non é unha evidencia que se cobra máis?
  • - Acaso non está escrito que as condicións seguirán sendo as mesmas? Acaso non saben que se lle está respectando de feito a todo o persoal funcionarizado anteriormente, e son mais que os do SPDCIF.
  • - Acaso a algunha persoa liberada ou delegada de algunha organización do NON alguén lle puxo unha pistola no peito? ... pois logo?

NINGUÉN PERDE SALARIO, NINGUÉN TEN COMPLEMENTOS DE FUNCIONARIZACIÓN, TODOS E TODAS TEÑEN GARANTIAS DAS CONDICIÓNS SALARIAIS E DE TRABALLO.

AS COUSAS COMO SON.

ROGOS E PREGUNTAS:

A Dirección Xeral da Función Pública, informa que:

  • - Acordo FISP:
    • o Hoxe remitirase un novo texto de acordo, con prazo de alegacións ata o día 24. A proposta non é pechada, suxeita a negociación.
  • - Reunión e Función Pública e SXT de PSX co Comité Intercentros:
    • o Onte na xuntanza informouse que nos vindeiros días remitirán ás catro OOSS un documento para tratar as problemáticas de persoal existentes, no só da cuestión retributiva, se non que haberá unha proposta que contempla rematar coa contratación en precario, parcial e de fin de semana, co que haberá mais persoal traballando, e outros temas.
  • - OPEs:
    • o Está previsto que para a semana que ven se remitan as prazas para a elección de destino de: persoal educador, veterinario (funcionario e laboral)
    • o Persoal Auxiliar de clínica e Traballador social: está previsto que na primeira quincena do mes de xuño estean publicadas as prazas para as eleccións de destino.
  • - Carreira profesional:
    • o Este mes terán o recoñecemento, en nómina, unhas 1.000 persoas.
    • o Na reunión da convocatoria da Comisión de seguimento tratarase a posibilidade dunha nova convocatoria extraordinaria.
  • - Convocatoria de funcionarización de repesca (para as persoas que non acudiron á primeira convocatoria, por diversos motivos)
    • o Antes do mes de agosto está previsto que se publique unha convocatoria de repesca.
  • - Listaxes de prazas da Lei 20:
    • o A listaxe que se publicará conterá só as persoas admitidas e a información de si deben realizar ou non a proba do CELGA
  • - EVOs:

o   Apuntada por UGT a problemática sobre a aplicación da norma que regula o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, a Consellería de Política social, responde que saben os problemas que está a dar a aplicación, e que se puxeron en contacto co Ministerio para dar unha solución. Para a implantación do programa, varias persoas asistiron á formación a Madrid, para logo trasladar esa información ao persoal en Galicia. Chegaron a un acordo de que os obxectivos marcados de realización de valoracións (9 expedientes en inverno e 7 no verán) foron reducidos a 4 expedientes diarios, para poder obter o rodaxe necesario, esperan poder acadar solución aos problemas que formula a aplicación.

INFORMA-T

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".