Reunión do Comité Intercentros coa Consellería de Política Social e Xuventude (15/05/2003)

Na reunión mantida coa consellería de Política Social e Xuventude, á que asiste a Dirección Xeral da Función Pública, ratificouse o que dende UGT viñemos informando tras as reunións de seguimento do Acordo de Concertación, o que unha vez máis demostra que seguimos traballando e buscando solucións, nós non andamos a incendiar ao persoal nin axitar, como os e as que se apuntan os méritos que acadamos e loitamos outras e outros.
Función Pública remítese a unha proposta de acordo, case elaborado, en desenvolvemento do Acordo de concertación e que se entregará ás catro organizacións sindicais para a súa negociación na Mesa Xeral, e que da reunión de hoxe podería aportarse algunha cuestión ou petición a maiores.
Función Pública confirma o que xa informara UGT, a vontade de ter as negociacións rematadas nun prazo corto e refire:
- A que a media de idade en Política Social é superior a outras Consellerías e considera que baixará co persoal de novo ingreso da OPE social.
- A problemática dos ingresos con patoloxías psiquiátricas e outras patoloxías que poñen en risco a residentes e persoal e ao bo funcionamento dos centros, poranse en contacto coa Consellaría de Sanidade para tratar a posibilidade de plantas adaptadas, formación do persoal, etc.
- Sobre a falla de persoal, unha demanda reiterada de UGT, refire que haberá incremento de efectivos coa conversión das xornadas precarias en xornadas completas, acordado na RPT en aplicación do Acordo de funcionarización.
- Decreto de listas: valorase anticipar medidas especificas para Política Social, xa que a revisión do decreto é un trámite máis longo.
- Trataranse as compensacións por domingos e festivos na proposta que remitirán para negociar.
- Revisión da RPT acordada na Comisión de Persoal do 23 de novembro de 2022 para valorar os complementos de certos postos de traballo.
- Adaptar as tomas de posesión das OPEs para non colapsar o período vacacional.
Solicitamos por parte de UGT á Secretaria Xeral que se nos de algunha explicación do motivo polo cal non se cobren os días de permiso nas escolas infantís, tendo as listas de substitución con xente suficiente. A Secretaria quedou de miralo e dar contestación.
Seguimos traballando para conseguir avanzar en recuperación de dereitos e na aplicación do Acordo estatal asinado por UGT que permite mellorar as xornadas, e está tratando na Comisión de seguimento a reclasificación de grupos e a as xubilacións.