Mesa Xeral: RPT Funcionarización BBFF (11/05/2023)

O Director Xeral da Función Pública explica os puntos claves da proposta, dando paso ás OOSS para a argumentación das alegacións presentadas, nas que UGT argumentamos:
A presente proposta cumpre cos seguintes obxectivos básicos das nosas reivindicacións:
-
A efectiva transformación dos postos de 9 meses en postos de todo o ano:
Desde a sinatura do VCCU foi reivindicación de UGT o pase do persoal de 9 meses a 12, así como o incremento de traballo do persoal de 3 meses, segundo este último persoal foi vendo incrementado o seu tempo de traballo ata os 6 meses da actualidade (seguiremos loitando polo incremento do seu tempo de traballo), o persoal de 9 pasa a 12, co que se acada a estruturalización desa situación, acordada por esta organización no ano 2016.
-
A eliminación dos complementos de funcionarización, dos que explicaremos algunha cuestión:
De todos debera ser sabido que as RPTs de funcionarización consisten na transformación do vínculo xurídico, homologando os pluses laborais ao concepto de complementos (destino e específico) que compoñen o salario do persoal funcionario. Polo tanto podemos ser demagogos, igual que outros, pero non o vamos a ser porque a pesares de poder poñernos ao mercadeo de contentar a todos porque pedimos o máximo que permite o subgrupo, facemos un acto de responsabilidade e comprensivo do que a proposta realiza.
Para explicar o anterior debemos coñecer a seguinte táboa que representa o nivel que correspondería segundo o salario actual de laboral e o complemento de funcionarización asignado a dito nivel:
-
Categorías
Previsión funcionario
Complemento funcionarización ano
B.F. XEFE/A BRIGADA - BHT
C1 21
-615,24
B.F. XEFE/A BRIGADA.
C1 20
-820,62
B.F. CONDUTOR/A MOTOBOMBA
C2 19
-179,83
BOMBEIRO/A FORESTAL -BHT
C2 18
-322,76
B.F. CONDUTOR/A- BHT
C2 18
-556,15
BOMBEIRO/A FORESTAL
C2 15
-528,81
B.F. CONDUTOR/A
C2 16
-240,75
EMISORISTA
C2 13
-493,14
VIXIANTE FIXO
C2 13
-493,14
OPERADOR/A CODIFICADOR/A DATOS
C2 12
-127,58
Co fin de que non existan eses complementos de funcionarización o cruce de niveis, permitidos polo correspondente ao subgrupo de clasificación, leva a que a proposta conteña os seguintes datos:
CATEGORÍAS |
C. DESTINO |
C. ESPECÍFICO |
DIFERENCIA ANUAL EN POSITIVO |
B.F. XEFE/A BRIGADA. |
20 |
21 |
210,13 € |
B.F. XEFE/A BRIGADA - BHT |
21 |
22 |
420,94 € |
B.F. CONDUTOR/A MOTOBOMBA |
19 |
20 |
291,45 € |
B.F. CONDUTOR/A |
17 |
17 |
210,77 € |
BOMBEIRO/A FORESTAL |
17 |
17 |
444,21 € |
B.F. CONDUTOR/A- BHT |
19 |
19 |
278,41 € |
BOMBEIRO/A FORESTAL -BHT |
19 |
19 |
511,80 € |
EMISORISTA |
14 |
14 |
117,09 € |
VIXIANTE FIXO |
14 |
14 |
117,09 € |
OPERADOR/A CODIFICADOR/A DATOS |
13 |
13 |
480,65 € |
Unha vista a ambas táboas é clarificadora de que non só non existen complementos de funcionarización, nalgún dos casos bastante cuantiosos, se non que en lugar diso ao asignar complementos de destino superiores ao que lle correspondería, implica que todos os postos pasan a cobrar máis en cómputo anual. Como exemplo a categoría de Operador/a cofificador/a de datos (un ND13 e non CE12) pasa de levar asignado un complemento de funcionarización de 127,58 a percibir en computo anual 480,65€ máis do percibido actualmente como laboral. Outro dos exemplos é o BF Xefe de Brigada, onde en lugar de ter asignado un ND 20 e CE 20, co que levaría un complemento de funcionarización de 820,62€, pasará a cobrar 210,13€ máis ao ano.
O anterior é reflexo de que unha vez máis o Acordo de concertación permite acadar melloras retributivas efectivas para todo o persoal.
-
A mantemento da garantía de retributiva da percepción dos trienios, na contía de laborais.
Outro dos obxectivos do Acordo de concertación é o do mantemento dos trienios na contía perfeccionada como laborais, e que hoxe sería de difícil consecución logo das últimas sentenzas do Tribunal Supremo que negan dita posibilidade, dito doutra forma hoxe sería imposible. Pois non só se van a conservar, se non que tal e como di o Acordo a primeira das contías perfeccionadas logo da funcionarización o será na contía máis beneficiosa para o persoal.
Ata aquí o que UGT considera obxectivos acadados, non obstante hai algunha cuestión que foi alegada á proposta e sobre a que queremos volver a incidir:
Entendendo que se trata de regular a desaparición do complemento de funcionarización, queremos deixar claro que sen entrar en mercadeos de vender fume, que semella que é o que queren facer outros, si vemos a necesidade clara de que os niveis de destino deben ser idénticos por categorías análogas e que a diferenciación, da singularidade do posto, debe verse plasmada no Complemento Específico. Polo tanto a igual nivel de destino, os postos poden de deben ter nivel específico diferente, así o trasladamos nas alegacións e creemos que a Administración debera aplicar este criterio. Como exemplos citamos a especialidade de Xefe de Brigada, Helitransportada e de terra, ou BF Condutor/a e BF Condutor HT.
Cuestión distinta é a que atinxe á especialidade de Emisorista-vixilante. No ano 2008 o compromiso da administración era o inicio da negociación da súa reclasificación que debía estar realizada no ano 2009, que como é evidente non se realizou. As funcións asumidas polo persoal da especialidade foron incrementadas de forma exponencial sen que elo tivese unha repercusión nas súas retribucións. UGT reivindica que, ao igual que a administración se comprometeu en anteriores RPTs de funcionarización, se recolla de forma efectiva o compromiso de inicio inmediato da análise que dea lugar á asiganción dos complementos que reflictan as súas competencias.
De conformidade co regulado no Acordo de concertación (funcionarizacion do persoal laboral), na Sección terceira, determina no apartado Décimo primeiro (Prestación dos servizos) que para o correcto mantemento dos servizos públicos a prestación dos servizos por parte dos empregados públicos funcionarizados serán as mesmas que antes da funcionarización en tanto en canto non se acorden outras distintas.
UGT require que se calendarice a apertura da negociación do que debe ser o acordo de condicións de traballo, que deberá tomar como nivel mínimo o regulado no VCCU. Non obstante cabe recordar que estamos a tratar a cuarta funcionarización e que entre as previas a esta realizouse a correspondente á Consellería de Política Social e Xuventude, que por certo tamén cobraban nocturnidade e seguen a cobrala unha vez realizada a funcionarización. En todo caso UGT considera que como consecuencia de que este colectivo ten un acordo de condicións de traballo, o único, publicado como Anexo ao VCCU, debe ser este o que en primeiro lugar se negocie na súa condición de persoal funcionario.
O colectivo conta con un Acordo de segunda actividade, na condición de laboral, que instamos a forma inmediata proceder á negociación da súa transformación para o ámbito funcionarial.
UGT leva anos reivindicando, nas alegacións ás Leis de medidas, que a Administración Autonómica ten competencia estatutaria para poder iniciar a implantación do Grupo B. Así o trasladamos tamén ao Acordo de concertación, diferenciando no apartado Cuarto da Sección terceira que os procesos correspondentes a este grupo levarían un temario de 10 temas, diferenciando así o B do C1.
Así mesmo a disposición transitoria única do Decreto de funcionarización (Encadramento provisional do persoal con categoría provisional equivalente ao grupo B), determina que mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, a funcionarización do persoal proposto para adquirir esa condición no dito grupo producirase no subgrupo C1.
Polo tanto seguiremos a reclamar a implantación do Grupo B ao igual que a adaptación ás novas titulacións como consecuencia da entrada en vigor do EBEP, cuestión que no ámbito estatal UGT pactou a través do «Acordo Marco para unha Administración do século XXI», publicado a través da Resolución de 14 de novembro de 2022, da Secretaría de Estado de Función Pública, e que no seu apartado Cuarto, determina: Para lograr a plena efectividade do modelo de clasificación, é necesario desenvolver de maneira coordinada entre as Administracións Públicas e as organizacións sindicais un conxunto de medidas tanto normativas como organizativas para proceder, entre outras, ao desenvolvemento do grupo B.
Outras organizacións barullan e fan proclamas valeiras de contido ... UGT comprométese, asina e traballa polo cumprimento das normas como sistema de mellorar as condicións laborais e económicas do persoal empregado público.
Considerando o que se determina na memoria funcional sobre o carácter da provisión de postos (provisional ou definitiva), pese a que entendemos a redacción dada, solicitamos aclaración.
- Sobre a solicitude de reclasificacións en distintos subgrupos dos que establece a proposta:
Informa de que estanse a cumprir os acordos asinados (Acordo de BBFF e Acordo de concertación), exemplo o Grupo V e a súa funcionarización no subgrupo C2.
-
A denominación das prazas de emisorista e vixilante de forma separada, no anexo de equivalencias, responde á posibilidade de identificación das mesmas, cando se publique a RPT aparecerán coa denominación que corresponde de conformidade coa LEPG.
-
Provisión:
-
Serán en definitiva ou en provisional, dependendo como se veña ocupando, o definitivo con ese carácter e o provisional co mesmo sentido.
-
Están intentando que as persoas que están en provisional elixan e decidan o posto sobre o que optan á funcionarización.
-
A nosa alegación ao respecto do análise e posterior negociación dos complementos de destino e específico, afirma que ao igual que existe o compromiso con Política Social, se poda realizar neste ámbito.
-
-
Segunda actividade:
-
Afirma que se retomará a negociación paralizada no ano 2021 e terá un ámbito maior afectando a máis persoal.
-
Que a negociación vai a permitir manter a segunda actividade unha vez funcionarizado
-
-
Repesca dos procesos de funcionarización:
-
Responde que estase traballando nunha convocatoria, que a pretensión é tela aprobada antes do verán e convocala no mes de setembro, para que aquelas persoas que non foron na primeira convocatoria teñan opción de participar nunha segunda a convocar.
-
-
Acordo de condicións de traballo:
-
Afirma que e iniciará logo da aprobación da RPT.
-
-
Pago da nocturnidade:
-
Garante o pagamento igual que se está a percibir.
-
-
Novo decreto de listas:
-
Están traballando no texto dun novo decreto co fin de iniciar canto antes a negociación.
-
Negociación das bases da promoción interna:
-
Como se tratou á petición da OOSS que forman parte da Comisión de seguimento do Acordo de concertación (UGT e CCOO), nos próximos días iniciarase a negociación no ámbito que corresponde.
-
-
Inscrición no proceso de integración do persoal laboral fixo do CGSIB:
-
Preguntado polas dúbidas xurdidas nos apartados do Anexo de solicitude, responde que se deixe en branco, que non se cubra o dato da casilla: núm DOG da resolución da convocatoria do proceso selectivo para acceder á categoría desde a que se solicita a integración.
-
-
Baremo definitivo procesos de BBFF:
-
Esta semana houbo un cambio no tribunal, contan ter revisadas as alegacións ao baremo nas próximas semanas.
-
-
Publicación listaxes Lei 20/2021:
-
As 211 listaxes contan telas publicadas na semana do 22 deste mes ou na do 29.
-
Publicaranse coa indicación de quen ten que realizar a proba de galego.
-
-
Publicación do listaxe de probas selectivas, aclara que:
-
Son listaxes PROVISIONAIS, orientativas.
-
As datas publicadas son das probas dos procesos selectivos, non o da proba de galego.
-
As datas nas que coinciden probas das categorías de BBFF (3 de novembro), serán a distinta hora.
-
As datas poden variar, pero que en ningún caso se realizarán as probas antes da indicada previsión.
-
Que na proba de galego agruparase para a súa realización, por nivel de Celga, aos distintos grupos e subgrupos, tanto de concurso como de concurso-oposición.
-
-
-
NIVEIS ASIGANDOS: