Comisión de Persoal Ordinaria (09/05/2023)

LEI PARA A IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES DE GALICIA
Explica o Director que logo das reunións de negociación realizadas, nas que se atenderon alegacións formuladas polas OOSS, o texto sufrirá algunha corrección técnica por informe da Asesoría Xurídica, en concreto trátase de levar algún dos artigos do titulo VI, sobre emprego público, a unha disposición adicional, en atención a que se realiza modificación da LEPG.
Nestes momentos estase a negociar o Plan de Igualdade da Xunta de Galicia, que inclúe o protocolo de acoso e violencia no traballo que levará cuestións que non estaban recollidas na Lei, e que así mesmo o Plan incluirá toda unha serie de medidas que incluirán propostas feitas como alegacións á Lei polas OOSS, logo de ser analizadas e rematar o proceso de diagnose do Plan.
UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: remitirá o voto por escrito
ARGUMENTACIÓN DO SENTIDO DO VOTO DE UGT:
Tense producido unha estimación moi importante das nosas alegacións e aínda que é un desenvolvemento normativo que non é moi innovador, certamentamente compleméntase coas tres negociacións abertas nas que esperamos que as cuestións que non foron estimadas se recollan definitivamente. O noso voto é favorable desde a lealdade da negociación e apelando a corresponsabilidade da Administración no sentido anunciado de que se incluíran as alegacións non aceptadas, por non ser preciso rango de lei, e que constarán como medidas do Plan de Igualdade ou no Protocolo de prevención dos acosos e violencias no traballo que engloba todos os tipos de acoso e violencia.
MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE:
UGT: a favor CIG: a favor CCOO: a favor CSIF: a favor
ARGUMENTACIÓN DO SENTIDO DO VOTO DE UGT:
Consideramos que aínda que se inclúe a amortización de postos desocupados e de difícil cobertura, a pesar de ter sido ofertados de xeito reiterado, a modificación atende a un criterio de mellora da oferta de servizo público da Consellería. O proceso negociador pode considerarse como exemplo de boa práctica negociadora, en tanto que toda a información requirida foi facilitada ás OOSS. O talante negociador da Secretaría Xeral Técnica e o seu persoal son exemplo e deben ser modelo de negociación.
MODIFICACIÓN DA RPT DA AMTEGA:
UGT: en contra CIG: en contra CCOO: en contra CSIF: en contra
ARGUMENTACIÓN DO SENTIDO DO VOTO DE UGT:
Amortízanse prazas a pesar do recoñecemento explícito por representantes da Axencia da necesidade de persoal. Trasladamos á mesa negociadora as inquedanzas do persoal afectado pola Lei 20/2021 que seguen reivindicando a escaseza das prazas ofertadas nos procesos abertos de estabilización e consolidación (aspecto compartido plenamente pola nosa Organización).
Ábrese unha das prazas de nova creación a persoal docente. O argumento da apertura entendemos que é moi endeble e sobre todo vai en contra da pretendida transversalidade coa que se intenta dotar á praza ao practicamente descartar, en detrimento da experiencia docente, os coñecementos, por exemplo, en materia de Política Social ou Emprego.
Mostramos igualmente a nosa desconformidade coa forma de provisión do posto (LD). Non serve o argumento da AMTEGA ao respecto do deber de sixilo da información e datos manexados no mesmo, xa que é un aspecto recollido na Lei 2/2015 de 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu código de conduta. Parécenos unha xustificación polo tanto moi falaz.
ROGOS E PREGUNTAS:
- - Director informa que esta semana remitiranse as convocatorias de:
- o Mesa Xeral da RPT de funcionarización de MR.
- o Comité Intercentros da RPT de Augas de Galicia.
- o Ambas irán con posterioridade á Comisión de Persoal si é posible da semana que ven.
- - Estado da negociación do Acordo do persoal FISP:
- o Esta semana terán unha reunión coa Consellería de Sanidade, en atención a que hai alegacións “de calado” das OOSS, intentarán esta semana remitir un novo texto para a negociación e abrirán un novo prazo de alegacións.
- - Preguntado por información do estado de varios procesos selectivos que está á espera de elección de destino, responde:
- o Persoal veterinario: remata o prazo para presentar a documentación mañá, aínda non se está en condición de dar toma de posesión ata que se examine a documentación aportada.
- o Auxiliar de clínica: remata o prazo para a entrega de documentación da novas persoas que entraron por renuncia, a finais de mes.
- o Educación Social ou Traballo Social (non pode especificar en cal das dúas) ten constancia da admisión dalgún recurso que produce cambio na relación de aprobados.
- - Acordo de concertación:
Anuncia que nos vindeiros días, esta semana ou a que ven, retomarase unha proposta de acordo para levar á negociación correspondente, ao respecto do que se sinalaba na convocatoria da Comisión de seguimento do Acordo de concertación. Correspóndese con temas que quedaban sen desenvolver, no primeiro acordo, ao respecto das xornadas penosas ou nocturnas e aquelas outras cuestións que se podan formular, sinaladamente en Política Social aínda que afectan a outras Consellerías.