Resumo da mesa xeral (09/02/2021)

Resumo da mesa xeral (09/02/2021)

Integración como persoal laboral da xunta de galicia do persoal laboral fixo da amtega procedente do suprimido cixtec.

Logo da reunión das mesas previas, da remisión das alegacións realizadas, pasa a Mesa Xeral o proxecto de Orde que ven a reproducir aproximadamente o mesmos contidos que Ordes anteriores sobre o mesmo procedemento levadas a cabo para a integración con anterioridade.

UGT, alegou, aparte dalgúns aspectos formais de redacción, as seguintes cuestións:

  • Con independencia de que non é obxecto do contido da Orde, a nosa preocupación ao respecto do persoal laboral (8 prazas) e queremos deixar constancia de que esas prazas deben ser obxecto de protección por parte do Acordo de Concertación, en tanto que constan na OPE 2020.
  • Sen ser obxecto da Orde, tamén manifestamos a nosa preocupación polos movementos de persoal que foron realizados no CIXTEC, nos últimos tempos, en tanto que poden e van a condicionar a negociación da futura RPT. A este respecto solicitamos coñecer cales foron os motivos fundados que deron lugar aos mesmos e o soporte regulamentario no que se fundamentaron.
  • Propoñíamos un novo punto 5, dentro do artigo 4, ao respecto do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia integrado como persoal laboral do CIXTEC, ao abeiro do Decreto 360/1998, en tanto que se debe considerar a súa especial circunstancia.
  • Sobre o contido do artigo 2, a documentación a aportar polos interesados, entendemos que se debe modificar a Orde a fin de que, a conformidade do interesado, aquela documentación preceptiva que obre en poder da Administración, se facilite a súa consulta polos órganos administrativos encargados da tramitación, todo elo a aos efectos de minimizar os tempos e axilizar a execución dos procedementos.

Por parte de Función Pública transmiten:

  • Que unha das razóns polas que se adía a Comisión de Persoal, prevista para hoxe, é porque se teñen en consideración algunhas das cuestións formuladas polas OOSS, entre elas a da simplificación do procedemento, formulado por UGT.
  • Respecto ao persoal excedente por incompatibilidade, garanten que producida a subrogación no seu día, manteñen os mesmos dereitos na AMTEGA que ata ese momento, de todas formas din que mirarán a situación concreta por si houbera algo que aclarar con máis precisión.
  • Están a traballar na RPT, considera que antes de que o persoal teña que presentar a solicitude para a integración, esta estaría en negociación coas OOSS e polo tanto xa terán o coñecemento de como quedan os postos na mesma.
  • Mirarán os movementos de postos aludidos por UGT para dar resposta.

 PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN (GAIN).

UGT expresamos o noso desacordo coa proposta de creación dun posto que unicamente parece motivado pola busca dunha ubicación máis confortable na sede da Dirección da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela, en detrimento do Departamento de Coordinación do Polo Aeroespacial de Rozas situado en Castro de Rei, Lugo.

O informe de Función Pública especifica que a creación deste novo posto de traballo non ten incidencia nas funcións encomendadas, polo que resulta difícil de entender e moito menos apoiar a xestión en remoto desta unidade administrativa, que advertimos, co traslado da persoa coordinadora queda moi desvirtuada.

 VARIOS:

  • ELECCIÓNS DE DESTINO:

Os procesos selectivos que vaian rematando continuaranse realizando telematicamente.

  • Buzóns de auxiliar de enfermería e camareira limpadora:

Remitirán por escrito ás OOSS a resposta ás alegacións realizadas e analizar si é necesario realizar unha reunión antes de proceder á elección de destino.

  • Auxiliares de Enfermería:
    • As prazas necesarias son 40, o buzón pon a disposición 53.
    • Inclúe prazas de temporais de menos de 6 anos
    • Retíranse 11 prazas de fin de semana e incorpóranse 8 prazas.
  • Camareiro/a Limpador/a:
    • Aprobados: 49 en PI e 76 en PL, necesarias 125 prazas, no buzón ofértanse 162.
    • Inclúe prazas de persoal temporal de menos de 3 e de 6 anos.
    • Retíranse 13 prazas por ser de fin de semana ou fixas-descontinuas e algunha alegada pola Consellería.
  • Buzón da Escala de Finanzas A1 e A2, de Inspección Urbanística e dalgunha das enxeñeirías, remitiranse en vindeiros días.
  • Tamén están revisando as 3 categorías de BBFF, para si é posible realizar a súa elección de destino.
  • RPTs:
    • Funcionarización:
      • Estase traballando na de Administración Xeral e a da parte Social. Esperan que ao longo deste mes se poda ter negociación coas OOSS.
      • Será RPT completa na que constarán todas as prazas na condición de funcionario/a, participasen ou non no proceso, así como aquelas ocupadas por persoal temporal, pechando estas categorías que pasarían a funcionarizarse
      • Publicarase o resultado da fase de concurso da funcionarización nos vindeiros días, dando prazo de alegacións correspondente e unha vez que remate o prazo publicarase o listado definitivo de aprobados.
    • AMTEGA:
      • Estase traballando nela a fin de incorporar todas as prazas do CIXTEC.
    • CONSORCIO:
      • Retomarase a negociación, que xa estaba practicamente rematada para finalizala nas vindeiras semanas.
  • CARREIRA PROFESIONAL:

Preguntamos pola apertura de solicitudes para a percepción do grao II e sobre o grao I para o persoal que non cumpría o requisito no momento inicial da posta en marcha da carreira, así como a percepción do complemento do persoal temporal, interino e indefinido non fixo.

Chama a atención que as Organizacións non asinantes do Acordo de concertación que deu lugar ao nacemento do dereito á carreira insten a Función Pública de forma reiterada e insistente a que se complemente a súa percepción, tan malo non debía ser...

Función Pública responde que esperan comentar algo neste mes de Febreiro.

  • CONCURSO TRASLADOS PERSOAL VETERINARIO E FINANZAS:

Está bastante avanzado, están traballando coas prazas de persoal veterinario, hai unha modificación da RPT da Consellería de Sanidade que afecta ao proceso.

BORRADOR DE PROPOSICIÓN DE LEI DE SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA DE APOIO Á REACTIVACIÓN ECONÓMICA DE GALICIA:

UGT presentou en tempo e forma as alegacións a todos os partidos políticos, co fin de que no trámite de emendas fosen tratadas as cuestións que entendemos deben ter en consideración a obriga indicada no artigo 37 do EBEP, sobre as cuestións que lle son propias aos Órganos de representación e negociación.

A Dirección Xeral da Función Pública informa que o que se vai a recoller mediante transacción é que preferentemente todos os movementos son carácter voluntario e que todas as cuestións relativas as instrucións serán negociadas coas OOSS. Estas cuestións non estaban na norma inicial e as referencias que se realizaban era de sobreentender que se referían a súa negociación no ámbito da Mesa Xeral, agora recóllese na norma, nos 3 artigos correspondentes.

  • TELETRABALLO:

Preguntamos pola diferente aplicación e polo tanto pola descoordinación da aplicación do teletraballo nas distintas Consellerías, das que só nos consta que a de Facenda e Cultura ditaron Instrución ao efecto.

Función Pública responde que de hoxe ao día 17 tomarase unha decisión, que en todas as Consellerías se está a traballar cun sistema de burbullas e que a presenza oscila entre un 40 e un 60%, habendo un teletraballo bastante amplo. Afirma que se tomarán as medidas en función da evolución da situación da pandemia e segundo o que estableza o Comité Clínico.

  • OPE 2021:

Preguntamos pola súa negociación, si se mantén o que se tiña informado ao respecto da negociación no primeiro trimestre.

Confirman a súa negociación inmediata e que a súa previsión é tela aprobada no mes de marzo.

  • PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES:

Preguntamos  reiterando a necesidade de dar certeza ás persoas opositoras sobre os procesos selectivos pendentes de desenvolvemento.

Función Pública responde que a evolución da pandemia parece que se empeza a ter un descenso, pero que a súa pretensión e ter a autorización e aprobación correspondente do Comité Clínico coas garantías necesarias para o seu desenvolvemento. Confirma que en canto teñan datas dos exames as comunicaran ás OOSS cun prazo máis ou menos de catro semanas ao inicio dos exames.

Presentarán un protocolo aprobado pola Autoridade Sanitaria.

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".