Mesa Xeral Extraordinaria (10.01.2023)

Mesa Xeral Extraordinaria (10.01.2023)

A ADMINISTRACIÓN INFORMA QUE ENTRE ESTA SEMANA E A QUE VEN INICIARASE O PAGO, DE XANEIRO A DECEMBRO 2022, DO COMPLEMENTO DE CARREIRA OU DESEMPEÑO. RESTITÚESE O DEREITO A CARREIRA, GRAZAS A SINATURA DE UGT.

MODIFICACIÓN DE RPTS DAS CONSELLERÍAS DE PROMOCIÓN DE EMPREGO E IGUALDADE, MEDIO RURAL, POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE, CULTURA EDUCACIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIV.

Procédese á modificación de 7 postos, como consecuencia da finalización de varios procesos selectivos de consolidación de emprego. O obxecto é facer efectivo o dereito das persoas que superaron os mesmos á elección de destino, resultando preciso adoptar as medidas necesarias para que poidan exercer ese dereito así como posibilitar as opcións daquel persoal empregado público en activo poida elixir, de ser o caso, o posto no mesmo destino no que está a traballar; ambas opcións serán posibles acreditado o cumprimento dos requisitos esixidos.

UGT requiriu que á maior brevidade posible se proceda ao desenvolvemento da promoción interna horizontal, que inclúa estas e outras prazas de procesos que están próximos a finalizar, exemplo o do persoal veterinario laboral. A DXFP confirma que será realizado ao longo deste primeiro semestre.

CLÁUSULAS QUE AFECTAN ÁS BASES DOS PROCESOS SELECTIVOS CONVOCADOS POLA CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA MEDIANTE CONCURSO OU CONCURSO-OPOSICIÓN DERIVADOS DA LEI 20/2021:

A Administración formula:

-Cómputo da antigüidade do persoal procedente mediante traspaso doutras administracións públicas.

Os empregados públicos que accederon á esta administración como consecuencia dun decreto de traspaso doutra administración pública se lle computarán os servizos prestados con anterioridade á data de toma de posesión na Xunta de Galicia como prestados na administración de procedencia. Ditos servicios se acreditarán, de ser o caso, mediante certificación da dita administración.

UGT opina:

Que debe ser computado o tempo de traballo na administración de orixe, desde a que procede o persoal transferido en igualdade de puntuación ao tempo traballado na Xunta de Galicia. Non é unha cuestión optativa que se lle poda imputar á persoa empregada pública, se non imposta polos Gobernos.

Requirimos que de forma expresa se recolla nesta cláusula que o tempo traballado das persoas subrogadas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar sexa valorado en identidade co tempo de traballo en Xunta para estes procesos derivados da Lei 20/2021.

A Administración formula:

-Persoal que non superou as tres convocatorias das disposicións transitorias 8 e 9 do decreto lexislativo 1/2008.

O persoal funcionario interino ou o persoal laboral temporal con estabilidade afectado polas disposicións transitorias 8, 9 do decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, pola que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia que non accedese á condición de persoal funcionario de carreira por non ter superado algunha das tres convocatorias, obstentan a condición de persoal laboral fixo a extinguir e, polo tanto, non se lles computarán os servizos prestados para os procesos derivados da Lei 20/2021 dada a súa condición de persoal laboral fixo.

UGT opina:

Que o persoal das tres oportunidades da LFPG que non tomou posesión como persoal laboral fixo, que remate o proceso. Sendo o anterior así non cabe, porque xa teñen a fixeza no posto, a súa participación nos procesos selectivos da Lei 20/2021.

A Administración formula:

-Cómputo dos servizos prestados en entes do sector público para determinado persoal vinculado á extinción de incendios.

Os servizos prestados en entes públicos nas convocatorias de persoal laboral de categorías vinculadas á extinción de incendios forestais para postos de traballo de 6 meses de traballo anual, computaranse no apartado de servizos prestados noutras administracións na categoría laboral que corresponda.

UGT opina:

Que se deben incluír as escalas, especialidade ou categorías obxecto da cláusula, non cabe citar en xenérico a extinción de incendios.

En segundo lugar hai que ter en consideración que, referíndonos a SEAGA este ente non puntúa nos seus procesos da Lei 20/2021 o tempo traballado en Xunta de Galicia en paridade co tempo traballado no propio ente, cuestión pola que consideramos que debe manterse o mesmo criterio nos procesos Xunta e polo tanto debe ser valorado como tempo traballado en outras administracións, a razón de 0,125 puntos/mes.

Sobre a inclusión, nestes procesos, das prazas creadas no ano 2019 na Consellería de Medio Rural, un total de 569, en torno ás 200 prazas foron ocupadas por persoal que ocupaba posto en SEAGA con anterioridade a 2016, sendo que a Administración entendeu “subrogación” da relación laboral, foron incluídas as prazas pola disposición adicional oitava da Lei 20/2021, nos buzóns correspondentes aos procesos selectivos. Destas prazas a maior parte delas están afectadas por sentencias ao respecto da fixeza descontinua que correspondía co non chamamento en tempo e forma por parte de SEAGA.

Considerando o anterior e a interrupción do vínculo que determinan as sentenzas non corresponde que sexan ofertadas pola DA 8ª, sendo polo tanto o máis congruente que non sexan ofertadas nos procesos da Lei 20 as prazas correspondentes ás brigadas de 6 meses creadas en 2019.

RESPOSTAS DA DIRECCIÓN XERAL:

Tempo traballado do persoal transferido: Logo de escoitar as opinións das OOSS, analizarán o tema e non rexeitan mudar o criterio.

Persoal das 3 oportunidades: As prazas están identificadas, remitirán os datos. Indica que, este punto, non ten nada que ver co persoal da Escala de Axentes do C2 “a extinguir”, que non formula maior problema valorar o tempo traballado na dita escala C2 na escala que corresponde a C1 (B), pero que pode haber problema co requisito de titulacións.

Servizos prestados en entes de extinción de incendios: Non se acouta a SEAGA pola recente sentenza que anulou o artigo 9 bis do Decreto 37/2006. Van a realizar un estudo para ver a viabilidade xurídica de que se inclúan as prazas ocupadas por persoal de SEAGA a partir da creación no 2019. Valorarán incluír a denominación das categorías en concreto.

OUTRAS CUESTIÓNS:

Exponse por parte das OOSS as liñas das alegacións remitidas á DXFP, podes consultar o primeiro documento de alegacións que presentamos no seguinte enlace 

Nos vindeiros días achegaremos máis alegacións

O Director informa sobre as seguintes cuestións:

  • - Están realizando unha guía, en similares termos que a publicada para a solicitude de carreira, insta ás OOSS a achegar as preguntas frecuentes para ser engadidas coa resposta correspondente.
  • - Sobre o desconto de prazas, afirma que todas aquelas prazas convocadas en procesos anteriores de estabilización, non se volven a incluír nestes procesos.
  • - Ao respecto do cómputo en procesos non rematados, afirma que si están incluídas as prazas tal e como viñan nos cadros das convocatorias, todas aquelas convocadas non resoltas e descontaranse as cubertas.
  • - Sobre as prazas de Axentes C2, di que dos 9 afectados, cónstalles que so 1 tería a titulación requirida para poder estabilizar no C1 (B).
  • - Titulación do persoal técnico de xardín de infancia: Sendo que se trata dun proceso extraordinario e non que a titulación se esixirá ao final do proceso e non ao inicio, entende que non hai problema en modular a velocidade do mesmo para facilitar a obtención do título correspondente. En todo caso, volve a referirse ao informe da Consellería de Educación.
  • - Preguntado sobre si unha persoa se pode presentar a distintos procesos da mesma especialidade ou escala, un pola vía do concurso e outro pola de concurso-oposición, responde que si, que os procesos son abertos o que impide a Lei e tomar posesión de máis dunha praza na mesma escala ou especialidade.
  • - Preguntado si se fará comunicación individualizada ás persoas que ocupan as prazas, responde que non e que están estudiando como dar maior garantía á listaxe publicada en web.
  • - Sobre o procedemento a seguir para as eleccións de destino destes procesos, comenta que se escollerá sobre as vacantes resultantes dos concursos, en segundo lugar realizarase a toma de posesión dos procesos anteriores e finalmente as persoas que superen os procesos da Lei 20, que poderán ser en provisional ou en definitivo.

Prazas para elección de destino do C2: publicaranse a semana que ven na web da DXFP e irán a DOG para a seguinte

INFORMA-T

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".