Mesa Xeral EEPP-Comisión de Persoal Extraordinarias-Incremento Salarial

Mesa Xeral EEPP-Comisión de Persoal Extraordinarias-Incremento Salarial

O mércores pasado celebráronse, de maneira sucesiva, unha Mesa Xeral de Empregados Públicos e unha Comisión de Persoal, extraordinarias, ao respecto dos seguintes temas:

RETRIBUCIÓN DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO (RDL 18/2022)

A anterior crise supuxo unha sucesión de recortes de dereitos e salario dende o ano 2012, que se estaban a recuperar cos Acordos estatais 2018-2020 e co Acordo de Concertación coa Xunta de asinado o 27 de decembro de 2019. Inmersos de novo nunha crise máis complexa e nun escenario de perda de poder adquisitivo, UGT defende e acada, que en vez de RECORTES COMO SUCEDERA ATA AGORA SE IMPLEMENTTEN MEDIDAS SALARIAIS REALISTAS QUE AMORTEZAN A PERDA DE PODER ADQUISITIVO E SE RESTITUAN DEREITOS.

Temos que poñer branco sobre negro ás retóricas do NON, deixar en evidencia a perda que supón ter representantes cunha acción sindical inútil, sen ningún resultado visible en materia de dereitos ou salario.

O Acordo asinado por UGT co Goberno do Estado garante unha subida adicional do 1,5% das retribucións do persoal ao servicio do sector público de carácter retroactivo do 1 de xaneiro do 2022 con respecto ás retribucións vixentes a 31 de decembro de 2021, co gallo de compensar os efectos da inflación, así se contempla no artigo 23 do Real Decreto-lei 18/2022 de 18 de outubro. Dito Acordo como normativa de carácter básica, é trasladado á nosa Comunidade Autónoma, cunha Lei de lectura única que habilita o pago entre os meses de novembro e decembro deste ano, aboándose como atrasos o incremento correspondente aos meses de xaneiro a novembro.

Sentido do voto:

UGT: a favor. CIG: abstención. CCOO: a favor. CSIF: abstención.

INCREMENTO SALARIAL TOTAL DO 10%

O incremento salarial básico do persoal empregado do sector publico autonómico será 3,5 por cento con carácter consolidable, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2022. E o incremento da retribución complementaria pola restitución do dereito a carreira será como mínimo do 6,5 %, polo tanto o incremento salarial total alcanzará como mínimo o 10%.

OPE EXTRAORDINARIA PERSOAL 2022 – LABORAL ENTIDADES INSTRUMENTAIS

A DXFP presenta un proxecto de OPE EXTRAORDINARIA correspondente a prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 para a posta en marcha e funcionamento de novos servicios públicos.

Dende UGT tendo en conta que valoramos positivamente a creación de emprego sen destrución previa de prazas para o seu financiamento, non podemos estar de acordo con outras cuestións:

    • Non se enviou texto completo do decreto, polo que descoñecemos a información referente ao número e cometidos das prazas a ofertar por cada un das entidades instrumentais, a existencia ou non de promoción interna, se existe ou non persoal temporal nos postos a contratar…, o que impide realizar unha valoración axeitada da proposta realizada.

    • A nosa alegación de reserva da cota para persoas con discapacidade, e a nosa oposición a que non se contemple nesta oferta e se remitan o decreto de oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Sentido do voto:

UGT: abstención. CIG: en contra. CCOO: abstención CSIF: abstención.

Modificación da Relación de Postos de Traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Consellería do Mar

A DXFP informa que é necesario modificar nas RPTs indicadas dous postos clasificados recentemente de funcionario, subgrupo A2 (Acordo Consello da Xunta do 24 de xuño de 2021), para posibilitar a toma de posesión do persoal laboral fixo (2) que superou o proceso selectivo extraordinario de consolidación convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 para cubrir por persoal laboral fixo do grupo II, categoría 007.

Sentido do voto:

UGT: a favor. CIG: a favor. CCOO: a favor CSIF: a favor.

INFORMA-T

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".