Convocatoria Probas Celga 2,3 e 4

Convocatoria Probas Celga 2,3 e 4

Publícase no DOG do venres 9 de setembro a RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

Persoas destinatarias

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar:

  • Na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida

As datas concretas serán debidamente publicadas:

Localidades onde se van realizar as probas e niveis

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Localidade

Nivel

Santiago de Compostela

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Ponferrada

Celga 2

Celga 3

Celga 4

 

As sedes e horarios para a realización das probas e listaxes definitivas das persoas admitidas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística:

http://www.lingua.gal

Presentación de solicitudes e prazo

  • Si queres inscribirte nas probas Celga deberás:

    • Cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I

    • Aboar a taxa correspondente.

    • No formulario de solicitude deberás indicar a proba ou as probas ás cales solicitas presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística

    • As solicitudes presentaranse:

      • Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

      • Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

      • Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    • Prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame:

      • 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte

    CÓDIGOS QUE DEBEN CUBRIRSE NA SOLICITUDE

    • Consellería: Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Código: 07.

    • Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.

    • Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.

    • Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.

    • Debes achegar o xustificante de pagamento xunto coa solicitude.

 

INFORMA-T

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".