Reunión de UGT coa Conselleria de Medio Rural

Reunión de UGT coa Conselleria de Medio Rural

O venres día 19, UGT mantivo reunión cos responsables da Consellería do Medio Rural. A mesma fora solicitada o día 11 de agosto UGT co fin de dar traslado de determinadas cuestións que considerabamos urxentes, ante a situación que estamos a padecer ao longo deste verán, entre as cuestións tratadas están as seguintes:

Prolongacións de xornada realizadas en extinción, compensación das mesmas

UGT solicita a compensación dos excesos de xornada, incluídas as prolongacións das mesmas, tal como se recolle no VCCU. Destacamos o traballo realizado polo persoal do SPIF na extinción dos lumes que se veñen producindo de xeito reiterado na Comunidade desde principios do mes de xullo, e o seu compromiso co servizo, encadeando xornadas de 12 horas en extinción. Asemade comunícaselle á DX que unha vez que o persoal chegue ao seu limite de horas de prolongación (6 meses 40h., 9 meses 60h e 12 meses 80h ), deberán facer só a quenda ordinaria de 8 horas.

A Consellería recoñece e valora o traballo realizado e felicita a implicación do persoal, no mesmo sentido que a semana pasada o trasladou o propio Conselleiro a esta Organización. Comunican que as horas de prolongación de xornada van a compensalas que están estudiando o xeito de facelo, valorando que parte das mesmas o sexan de forma retribuída.

UGT solicita que se consensúe cos representantes dos traballadores e que se elabore unha instrución dende a DXDM para que se execute do mesmo xeito en toda a Comunidade. Asemade solicita que; no caso de que parte das prolongacións devólvanse en xornadas, estas sexan consensuadas co traballador na medida do posible.

Desprazamentos e quendas compatibles coas xornadas en extinción

UGT expón que o persoal esta facendo desprazamentos moi longos, mais de 400 km diarios en traxectos de ida e volta ao que hai que engadir os feitos en extinción, en ata 4 xornadas consecutivas de traballo. Indica que este sistema de quendas non é o adecuado para o traballo de extinción a realizar, e necesario a revisión e actualización do sistema de quendas.

A Conselleria informa que cree necesario dito cambio cara a outro que permita unha mellor operatividade e flexibilidade no Servizo, pero que ao actual sistema de negociación coas OOSS, a través da obrigada negociación pola vía do Acordo contido no Convenio Colectivo, debe ser modificado atendendo á inclusión das OOSS non asinantes do Convenio.

A este respecto UGT comparte que debe formularse un novo foro ou mesa de negociación que aglutine a toda a representación sindical, recoñecendo e acatando a sentenza que así o indica, neste sentido avogamos pola creación dunha mesa delegada da Mesa Xeral, específica para o SPIF.

UGT comunica que estamos abertos a negociar as propostas que poñan sobre a mesa, que tamén achegará a propia no marco da negociación das condicións de traballo das escalas que se van a funcionarizar e que traslada tamén propostas dos propios traballadores que son desoídas polas xefaturas competentes. Asemade cree que o sistema de quendas actual, tal como se están desenrolando os incendios, pon nun risco que se pode evitar ao persoal.

Coordinación nos lumes. Análise posterior dos mesmos co persoal implicado na extinción (persoal técnico, axentes, bombeiros forestais das distintas categorías)

UGT propón que se faga unha análise posterior aos lumes no que se inclúa a unha representación do persoal das distintas categorías que participaron na extinción, buscando aprender dos erros e acertos. Creemos que aportaría un valor engadido ao feito en extinción, sendo un traballo de futuro cara a revisión dos distinto protocolos operativos.

A Consellería contesta que xa se están a realizar a nivel técnico e que valorarán a nosa proposta de incorporación doutro persoal.

Cobertura dos postos de traballo no operativo. Brigadas helitransportadas

UGT reclama a cobertura dos postos de traballo vacantes e non vacantes do SPIF, non pode ser co número de incendios que temos na actualidade o servizo teña postos sen cubrir, brigadas con 1 ou 2 compoñentes, Motobombas paradas, puntos de vixilancia non operativos, centros de coordinación con carencias de persoal. Solicitamos tamén a cobertura das baixas por enfermidade.

UGT reitera, unha vez máis, a necesidade de retornar a que a parte externalizada do SPIF, creando as brigadas helitransportadas dentro do Servizo e que actualmente están a ser contratadas con empresas externas, nas que as condicións de traballo e salariais, así como os EPIs dos que os dotan as empresas, deixan moito que desexar.

Paso de 9 a 12 meses, aumento do tempo de traballo do persoal de 6 meses

UGT solicita, tal como está orzamentado dende fai dous anos, o paso do persoal de 9 a 12 meses. Asemade esperamos que se concrete o anuncio do aumento do tempo de traballo do persoal do SPIF, entendemos que do persoal de 6 meses.

A Consellería responde que está a espera do proceso de funcionarización para o paso de 9 a 12 meses. Respecto ao persoal de 6 meses ve necesario un aumento do tempo de traballo para afrontar unha formación profesional adecuada e a realización dos mantementos das infraestructuras propias.

Formación aberta para todo o persoal do SPIF

UGT solicita unha maior oferta formativa de cara a unha especialización e profesionalización do SPIF, unha formación aberta a todo o persoal.

A Consellería contempla a formación como un pilar básico para o persoal do SPIF e incide na falta de tempo para realizar toda a que desexa.

Estatuto básico dos bombeiros forestais

UGT expón que está a participar na redacción do Estatuto básico dos bombeiros forestais a nivel nacional e que, segundo nos consta, solicitáronse aportacións ás comunidades autónomas, instamos a que a Xunta participe neste proceso e que realice as súas achegas ao documento.

Departamento de Protección Forestal de AGACAL

UGT solicita a inclusión do equipo de traballo do departamento de Protección Forestal do CIF de Lourizán que se dedica á avaliación, prescrición de tratamentos e restauración de solos forestais queimados, dentro do organigrama da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

INFORMA-T

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".