Curso de dixitalización aplicada ao sector produtivo. Curso acreditable

UGT-SERVIZOS PÚBLICOS porá en marcha accións formativas coa finalidade de formar ós traballadores e traballadoras na DIXITALIZACIÓN DO SECTOR PRODUTIVO.
Este curso está dirixido a todos os traballadores e traballadoras, tanto por conta allea como propia.
A acción formativa en dixitalización levarase a cabo de forma virtual e titorizada. Terá unha duración de 30 horas e corresponderá aos contidos dunha ou varias Unidades de Competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, sendo acreditable no Sistema Nacional de Cualificacións e FP.
As solicitudes de inscrición deben realizarse sempre a través do código QR ou do seguinte enlace https://www.trabajamosendigitalugt.es/inscripciones?Prcd=SP.