O COMITÉ NACIONAL DE UGT-SERVIZOS PÚBLICOS demanda unha recuperación económica que non deixe ninguén atrás e reforzar os servizos públicos

O COMITÉ NACIONAL DE UGT-SERVIZOS PÚBLICOS demanda unha recuperación económica que non deixe ninguén atrás e reforzar os servizos públicos

No día de hoxe, 19 de xaneiro de 2022, celebrouse en Santiago de Compostela o Comité Nacional Constituínte UGT-Servizos Públicos que analizou polo miúdo a situación actual, o orzamento da Federación, a negociación nos distintos sectores e o desenvolvemento de eleccións sindicais a negociación nos distintos sectores e o desenvolvemento das eleccións sindicais. Asimesmo,  coa finalidade de ir perfilando e perfeccionando a estrutura sectorial do sindicato créanse os distintos sindicatos e coordinacións, designando ós seus responsables.

O Comité Nacional aprobou por unanimidade unha declaración na que se defendeu “unha recuperación económica que non deixe ninguén atrás”.

Tamén se aprobaron tres resolucións de urxencia.

Na primeira analizouse a situación do sistema sanitario e especialmente a atención primaria e hospitalaria. O Comité demanda da Consellería de Sanidade que implemente medidas eficaces  que reforcen e fortalezan e a Atención Primaria e Hospitalaria, xa que o persoal segue sendo esencial e a cidadanía ten dereito a unha atención sanitaria plena e de calidade.

A segunda resolución trata sobre a atención á DEPENDENCIA. O Comité nacional reitera a denuncia e demanda dun Diálogo social real a nivel estatal, de Galicia e nos Concellos, no ámbito competencial e cada administración, para avanzar nun novo modelo de atención a dependencia tendente a considerar a xestión directa das residencias e dos servizos de Axuda a Domicilio de Galicia, e establecer unha nova regulación que garanta uns estándares de calidade de servizo as persoas maiores e  dependentes e de calidade laboral. Seguen sendo esenciais, e a dignificación do servizo e do persoal de atención a dependencia, unha débeda política e social indiferible por máis tempo.

A terceira resolución é de apoio ás mobilizacións que se están levando a cabo na empresa pública de Correos. “O Comité nacional de UGT Servizos Públicos de Galicia manifesta o seu apoio á defensa do servizo público postal e dos dereitos do seu persoal e ás mobilizacións que sexan precisas para que o Goberno deixe de mirar para outro lado e poña fin ao despezamento de Correos”.

Documentos

DECLARACIÓN 19 xaneiro 2022

PROPOSTA DE URXENCIA DEPENDENCIA 19 XANEIRO 2022

PROPOSTA DE URXENCIA POSTAL 19 XANEIRO 2022

PROPOSTA DE URXENCIA SANIDADE 19 XANEIRO 2022

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".