UGT e CCOO esixen á ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 transparencia no uso dos fondos públicos comprometidos en virtude do acordo asinado o 1 de xuño de 2021 co terceiro sector de acción social

UGT e CCOO esixen á ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 transparencia no uso dos fondos públicos comprometidos en virtude do acordo asinado o 1 de xuño de 2021 co terceiro sector de acción social

 A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 asinou un acordo o 1 de xuño de 2021 e os sindicatos esixen que os fondos destinados a ONG repercutan nas persoas e se revertan as privatizacións no sector.

O terceiro sector de acción social está constituído por entidades (ONG, fundacións...) que atenden ás persoas en risco de exclusión social. As organizacións patronais do sector levan catro anos negociando con CCOO e UXT o segundo convenio colectivo marco de Acción e Intervención Social.

Durante este tempo as traballadoras e traballadores do sector estiveron en primeira liña de atención ás persoas máis vulnerables, sen acollerse a ERTE, nin a confinamento, poñendo en risco cada día as súas vidas e as dos seus familiares.

Actualmente, o 60% das persoas traballadoras teñen contratos precarios e o 55% só xornadas parciais. Estas condicións laborais xeran que moitos traballadores e traballadoras se sitúen por baixo do limiar de pobreza deste país, e forman parte dos chamados “traballadores pobres”, segundo os índices que fixa no seu informe anual Cáritas, unha organización integrante da plataforma do terceiro sector.

Despois de catro anos negociando o II Convenio, atopámonos fronte a unha situación de bloqueo, dado que as patronais, tras abandonar a mesa de negociación durante un ano, agora ofertan unha revisión salarial para o ano 2022 do 0,5% e nada para os seguintes, cando o IPC supera xa o 5%.

Aínda que UGT e CCOO manteñen o seu desacordo pola subida salarial do 2% imposta polo Goberno aos empregados públicos para 2022, ámbalas organizacións consideran que é inxustificable un incremento de soldo para os traballadores do terceiro sector por baixo desta cifra, pois se trata de servizos públicos externalizados.

Todo iso lévanos a trasladar ás administracións públicas, en especial ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 o seguinte:

- Que os fondos destinados a estas organizacións teñan repercusión nas condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector.

- Que se revertan progresivamente estes servizos privatizados polas distintas administracións ao ámbito público para a súa xestión.

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".