Comité Intercentros de persoal laboral

Comité Intercentros de persoal laboral

Reunión do Pleno do Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia do 08/11/22, no que se trataron os seguintes temas:


APROBACIÓN DA ACTA

Apróbase a acta 07/2022


ESCRITOS RECIBIDOS E EMITIDOS

  • 21 adscricións
  • 10 prórrogas
  • 34 superiores categorías
  • Recíbese un escrito do Comité de Empresa de Economía, Emprego e Industria de Lugo , informándonos que fixeron un escrito a Dirección Xeral de Función Pública solicitando que tomen medidas nas prazas de consolidación pendentes de toma de posesión xa que producíronse vacantes e temen que afecten aos procesos extraordinarios da Lei 20/21.

Acórdase facer un escrito no senso de que non se fagan amortizacións de ditas prazas.

 

CAMAREIRAS - LIMPADORAS

Acórdase solicitar información das datas de funcionarización de este colectivo e do desenvolvemento do proceso.

 

DECRETO DE LISTAS 37/2006

Remitíronse escritos á Dirección Xeral da Función Pública e Comisión Central de Listas:

  • Instando á actualización das categorías que seguen sen actualizar .
  • Solicitando unha apertura extraordinaria de listas na categoría de enfermeiras ou en categorías nas que carezan de persoal suficiente para a cobertura de incidencias ou períodos de vacacións que estean sen desfrutar .

Non se tivo ningún tipo de contestación polo que se acorda solicitar reunión urxente con Función Pública devido a problemática que carrexa non ter persoal en listas.

  • Acordase solicitar que se nos faga entrega dunha “instrución” que parece que posúen os centros de traballo, na que obriga á finalización dun contrato sen encadear ningún outro á mesma persoa, xa que, segundo nos trasladan están a darse solucións diferentes dependendo do centro.

 

 

Informa T descargas

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".