Muface: Atención de urxencias e emerxencias

Muface: Atención de urxencias e emerxencias

Desde MUFACE lémbrannos a importancia de ter claro como deben actuar os e as mutualistas ante unha urxencia ou emerxencia sanitaria. No ámbito de MUFACE, a liberdade de elección de sistema sanitario supón un réxime distinto de chamadas e uso dos servizos de urxencias.

O erro no contacto cos servizos de urxencias e a atención prestada por un sistema sanitario que non sexa o elixido pola persoa mutualista pode dar lugar a incorrer en gastos considerables non previstos. Por iso, é necesario saber como actuar correctamente ante unha situación de urxencia ou emerxencia sanitaria.

Como primeira pauta, ha de terse en conta que as persoas mutualistas adscritas a servizos públicos de saúde han de chamar ao 112, mentres que mutualistas adscritos a entidades concertadas (ADESLAS, ASISA, DKV) han de contactar cos servizos de urxencia da súa entidade, e deben utilizar sempre os medios concertados que aparecen nos catálogos de Atopa o teu Médico, na web de MUFACE:

ASISA: 900.900.118

DKV: 900.300.799

ADESLAS: 900.322.237

Só en determinadas ocasións poderíase recorrer a medios alleos, pero a condición de que así o indique a entidade. Por este motivo, a pauta é chamar sempre en primeiro lugar aos teléfonos indicados.

O colectivo mutualista adscrito ao Concerto de Asistencia Sanitaria no Exterior (CASE), en caso de urxencia ou emerxencia en España, debe chamar ao teléfono 900.300.799.

En caso de desprazamentos temporais ao estranxeiro, aconsellamos consultar a información na web de MUFACE. Hai que ter sempre en conta que réxime de atención aplícase en cada país.

A asistencia sanitaria de urxencia é aquela que se presta ao paciente nos casos en que a súa situación clínica obriga a unha atención sanitaria inmediata. Dispénsase tanto en centros sanitarios como fóra deles, incluíndo o domicilio do paciente, durante as 24 horas do día, todos os días do ano, mediante a atención médica e de enfermería e coa colaboración doutros profesionais

Esta prestación inclúe tamén o transporte sanitario terrestre, aéreo ou marítimo, asistido ou non asistido, segundo o requira a situación clínica do paciente, nos casos en que sexa preciso para o seu axeitado traslado ao centro sanitario que poida atender de forma óptima a situación de urxencia.

Forma parte da carteira básica do Sistema Nacional de Saúde e está incluída por tanto no Concerto subscrito por MUFACE con entidades de seguro para o período 2022-2024,

Calquera mutualista de adscrición concertada que, por decisión propia ou dos seus familiares, utilice medios non concertados coa súa Entidade, deberá abonar sen dereito a reintegro os gastos que poidan ocasionarse, salvo que se cumpran os requisitos para a asistencia urxente de carácter vital, é dicir, que se trate dun suposto dos recolleitos no Cap. 5, apartado 3 do Concerto subscrito con entidades de seguro para o aseguramento do acceso á asistencia sanitaria en territorio nacional aos beneficiarios da mesma durante os anos 2022, 2023 e 2024.

Desde un plano estritamente xurídico considérase que existe urxencia de carácter vital cando se produce unha patoloxía cuxa natureza e síntomas fagan presumible un risco vital inminente ou moi próximo, ou un dano irreparable para a integridade física da persoa de non obterse atención terapéutica de inmediato. Ademais, existen outras condicións para que se cumpra este suposto e casos especiais. É importante que a elección do medio sexa sempre razoable, tendo en conta as circunstancias de lugar e tempo en que a patoloxía se producira, así como a capacidade de decisión do enfermo e, no seu caso, das persoas que prestaron os primeiros auxilios. Esta definición non separa a necesidade de atención inmediata e o medio razoablemente elixido. A soa insuficiencia de medios non xustifica acudir a medios non concertados.

 

Para aclarar calquera dúbida, MUFACE ten a disposición dos mutualistas unha Guía de Atención de Urxencias e Emerxencias.

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".