EGAP: Convocatoria de cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico

EGAP: Convocatoria de cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico

Publicada hoxe a resolución do 22 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico.

As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Requisitos dos/das participantes:

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, das seguintes entidades:

  • Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia),
  • Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC),
  • Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga),
  • Sociedade Xestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia),
  • Galicia Calidade, S.A.U.,
  • Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG),
  • Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)
  • Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.).

Desenvolvemento das actividades de formación

  • Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.

Solicitudes e prazos

  • Prazo de solicitudes: dende o día 2 ata o día 12 de setembro de 2022.
  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9:00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

O criterio de selección será orde de inscrición ata esgotar a totalidade das prazas.

 

UGT Informa T descargas

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".