Plataforma formativa: Procesos de funcionarización

UGT pon á disposición das persoas interesadas unha plataforma formativa para a preparación das probas dos procesos de funcionarización da Administración da Xunta de Galicia.
Dispós de:
- Temario completo en descarga.
- Baterías de preguntas on line.
- Por cada un dos temas.
- Aleatoria.
Poderás facer tantas solicitudes como queiras nas que poderás seleccionar ata un máximo de 1 grupo de preparación.
Unha vez que completes a instancia pulsa no botón enviar, imprima a confirmación que se mostrará no navegador e que aparecerá na túa pantalla, será o RESGARDO VÁLIDO para calquera reclamación.
Cada vez que realices unha nova solicitude, a que fixeras con anterioridade quedará gardada automáticamente. IMPRIME A NOVA CONFIRMACIÓN.
Os campos marcados con * son obrigatorios.
- Gratuíto para as/os afiliadas/as a UGT.
- Prezo de 15€/mes por accesos ilimitados por grupo de preparación para as/os NON afiliadas/os a UGT.
Realizar o pago a través de ingreso ou transferencia bancaria na conta de Abanca:
ES56 2080 0465 87 3040003057, indicando no concepto NIF, NOME e APELIDOS. GRUPO DE PREPARACIÓN.
Lembra que por cada inscrición débese facer un novo ingreso ou transferencia bancaria.
Cumprimente os datos correctamente, unha vez recibida a solicitude, poñerémonos en contacto con vostede a través do correo electrónico ou teléfono facilitados na mesma.