Plan formativo: Convenio entre a EGAP e UGT Servizos Públicos. 2021.

Publicado hoxe en DOG o Plan Formativo de UGT Servizos Públicos en convenio coa EGAP.
O prazo de inscrición será desde o venres 7 ata o 14 de maio 2021.
A solicitude de participación só poderá realizarse a través deste formulario de matrícula telemática.
Curso | Horas | Datas | Destinatarios/as | Requisitos |
Permisos de corresponsabilidade nos coidados familiares para a igualdade (2 Edicións) | 20 |
26/05/2021 a 18/06/2021
09/06/2021 a 30/16/2021 |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais da Administración institucional, das entidades locais de Galicia e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo) |
Persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) |
Riscos laborais no sector sociosanitario: os principais riscos psicosociais e a influencia negativa do COVID19.
|
20 | 07/09/2021 a 28/09/2021 | Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma e da Administración local de Galicia. Terá preferencia o persoal do sector sociosanitario dos centros residenciais e centros de día pertencentes á Xunta de Galicia e ás entidades locais de Galicia | Persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) |
Intervención sociolaboral con colectivos en risco de exclusión social.
|
30 | 08/10/2021 a 12/11/2021 | Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma e da Administración local de Galicia. Terán preferencia os/as axentes de emprego ou desenvolvemento local, orientadores/as laborais, traballadores/as sociais e mediadores/as e o persoal dos equipos de inclusión sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar | Persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) |
Riscos psicosociais e xestión emocional para o persoal dos centros de educación infantil
|
20 | 09/11/2021 a 30/11/2021 | Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma e da Administración local de Galicia. Terá preferencia o persoal das escolas infantís da Xunta de Galicia (Rede Galiñas Azuis) e das escolas infantís dependentes dos concellos | Persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) |